Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Victortpr (conversa | contribucións)
*Flota -> frota.
Liña 12:
O detonante da guerra foi a rivalidade comercial entre dúas potencias marítimas: Atenas e Corinto. Esta cidade era a principal aliada de Esparta e arrastrou aos demais a unha guerra que ninguén quería. Todo comezou por unha das fútiles e endémicas loitas internas que envelenaron a historia da Grecia antiga. Os acontecementos que precipitaron esta guerra comezaron en [[-433]], cando estalou unha querela entre [[Epidamno]] e [[Corcira]]. Aínda que Corcira fora fundada por [[Corinto]], esta tomou partido por [[Epidamno]]. Na cidade de Epidamno, colonia fundada por Corinto e Corcira ao mesmo tempo, loitaban pola hexemonía política dous partidos que solicitaron axuda ás súas respectivas metrópoles. Corinto, desexando ampliar a súa influencia, enviou unha forza de apoio ao partido demócrata, e Corcira respondeu asediando a cidade. Esta iniciativa serviulle de escusa a Corinto para lanzar unha operación naval, que se estrelou contra a superioridade numérica de Corcira, que venceu e forzou a rendición de Epidamno. Para se desquitar da derrota, Corinto preparou unha guerra naval a grande escala, e Corcira solicitou o apoio dos atenienses.
 
Atenas veuse nun dilema: se apoiaba a Corcira, conseguía un grande aliado e un aumento da súa influencia, ao se atraer unha potencia marítima como Corcira, que ademais dominaba as rotas marítimas cara a Sicilia e a Magna Grecia do sur de Italia. Pero tiña o inconveniente de se enfrontar a Corinto e rachar co espírito da paz dos Trinta Anos. Decidiuse por unha solución intermedia, que consistiu en enviar unha flotafrota de disuasión e observación, pero non disposta a combater. O enfrontamento produciuse no estreito entre Corcira e o continente, pero a presenza da flotafrota ateniense non lle permitiu á flotafrota corintia unha vitoria que xa tiña nas mans.
 
Corintio non renunciou ao desquite e decidiu fustigar aos atenienses moi lonxe, na península da Calcídica, alentando a sublevación e a separación da Confederación. O levantamento de Potidea foi o primeiro que se produciu en toda a península, que estalou en contra de Atenas. A reacción de Pericles foi o envío dunha expedición de castigo que venceu aos potideos e seus aliados os corintios. De novo, este fracaso levou a Corinto a concebir o propósito de arrastrar consigo a toda a Liga do Peloponeso en contra de Atenas.
Liña 18:
O rei Arquídamo de Esparta non estaba por entrar na guerra, pero a Asemblea considerou que Atenas incumprira a [[Paz dos Trinta Anos]] e, tras a consulta co [[oráculo de Delfos]], dispúxose a entrar en guerra, non sen antes tentar de negociar con Atenas. [[Pericles]] negouse a aceptar as condicións, que na práctica supuñan o desmantelamento da Confederación, e todo o mundo grego preparouse para guerra, aliñándose nun ou outro bando.
 
A Liga do Peloponeso sumaba 40.000 hoplitas, en tanto a Confederación apenas chegaba aos 10.000. Pero en cambio, tiña moitos máis recursos financeiros, unha grande flotafrota e estaba moi ben defendida. Ademais, Pericles non se propoñía enfrontarse co exército, senón efectuar desembarcos rápidos en puntos concretos para ir desgastando o inimigo.
 
Atenas xa adquirira unha importante base naval occidental ao se apropiar en [[-456]] de [[Naupacto]], na entrada oeste do golfo de Corinto. Corinto, membro da Liga do Peloponeso, fixo presión sobre a súa antiga colonia de Potidea para que abandonase a Liga de Delos. [[Potidea]], situada sobre o estreitamento da punta occidental da [[Calcídica]], na costa [[tracia]], abandonou a Liga de Delos en [[-432]], tras un acordo secreto con Esparta. Este acordo estipulaba que en caso de conflito entre Potidea e Atenas, Esparta había invadir a Ática.
Liña 34:
Desde antes do seu comezo, a guerra parecía que ía durar, xa que ningún dos dous campos podía razoabelmente esperar obter unha vitoria decisiva. As estratexias dirixíronse dunha parte aos aprovisionamentos de trigo (indispensábeis nunha guerra longa) e, por outra, ao debilitamento progresivo do adversario polas marxes, é dicir, os aliados máis débiles, sexa mediante a obtención da súa defección dunha maneira ou doutra, sexa por asedio. A regularidade dos aprovisionamentos de trigo era crucial sobre todo para Atenas, pois Esparta non tiña que temer a fame mentres os [[hilota]]s non se rebelasen. Con todo, Esparta podía ter medo polos seus aliados. Os aprovisionamentos de trigo de Atenas viñan sobre todo de [[Eubea]], probabelmente completados por compras en [[Exipto]], e ao principio da guerra por algúns cargamentos vidos da [[Propóntide]] ([[Crimea]]). Esparta dispoñía de aliados en [[Sicilia]], rica produtora. Para vencer, cada bando debía manter os seus aprovisionamentos á vez que cortaba os do adversario.
 
Os tebanos tentaron apoderarse de Platea, pero a operación resultou un desastre e os atacantes foron aniquilados. Esparta considerouse obrigada a responder e mandou un exército cara a Ática. Pericles non se limitou a organizar a defensa, senón que enviou unha flotafrota que conquistou a illa de Cefalonia. Logo, devastou Mégara e o seu territorio circundante. Antes, xa ocupara Exina, que colonizou con xentes da Ática. Pero declarouse unha epidemia de peste en Atenas e unha facción tratou de chegar a un acordo cos espartanos e logrou poñer a maioría dos cidadáns en contra de Pericles, co que este veuse na obriga de dimitir como estratego. Pero os seus partidarios contraatacaron, e lograron unha nova reelección, aínda que pouco despois Pericles falecía.
 
=== Unha guerra de asaltos ===
 
Os [[espartiatas]] que invadiron e arrasaron a Ática en [[-431]] atoparon un país deserto. Como os efectivos de hoplitas atenienses eran moi inferiores aos de Esparta, [[Pericles]], estratego por décimo terceira vez, fixo que os atenienses se gorecesen tras os Muros Longos. A cidade abastecíase por mar. Tras un mes de ataque, os espartiatas volveron ás súas casas; os atenienses asaltaban, grazas á súa flotafrota, as costas do Peloponeso. Esparta arrasou a Ática cinco veces nos sete primeiros anos da guerra. [[Atenas]] invadiu a veciña [[Megáride]] dúas veces ao ano.
 
Non obstante, Atenas chegou a ocupar [[Exina]] en [[-430]]. [[Platea]], aliada de Atenas é atacada por [[Tebas, Grecia|Tebas]] en abril de [[-431]], sucumbe.
Liña 49:
En [[-429]], [[Formión]] conseguiu unha semi-vitoria naval fronte a [[Naupacto]]. En [[-428]], o seu sucesor, que portaba o mesmo nome, acada tamén unha vitoria en batalla naval en Naupacto.
 
Os atenienses lograron tomar Potidea. Os espartanos desistiron de atacar a Ática pero devastaron a Platea. Atenas levou unha flotafrota para bloquear o golfo de Corintio, o que levou a cabo no seu punto mais estreito, onde derrotou a unha flotafrota peloponesa. No 428 a. C. a illa de Lesbos trocou de bando, o que levou a Atenas a crear un novo imposto para financiar a guerra. A defección de [[Mitilene]] na illa de [[Lesbos]], que quería abandonar a [[Liga de Delos]], provocou unha expedición punitiva por parte de [[Atenas]]. Mitilene rendeuse [[-427]], antes da chegada dunha flotafrota de auxilio [[espartiata]]. Lesbos foi ocupada dun xeito encarnizado, derrubáronse as murallas de Mitilene e establecéronse colonos áticos na illa.
 
Despois disto, considerouse que Atenas mantivera unha política defensiva e que era preciso tomar a iniciativa. Nun principio, esta política deu os seus froitos, máis resoantes que efectivos, pero induciron aos contendentes a tentar buscar unha saída a un conflito esgotador. Mentres tanto, Nicias tomara Corcira e a illa de Citerea, e deste xeito o Peloponeso veuse arrodeado por prazas nas que a Confederación estaba ben asentada
Liña 59:
O principal éxito de [[Atenas]] foi a toma de [[Pilos]] na costa occidental da [[Mesenia]] en [[-425]] asía como o masacre ou a captura de 420 [[hoplitas]], entre os que había cento vinte espartiatas, en [[Esfacteria]], acontecemento que provocou grande estupor en toda [[Grecia antiga|Grecia]] e destruíu a reputación de invencibilidade dos espartiatas. Entre estes hoplitas, atopábanse numerosos Iguais. Con todo, malia o éxito, a situación financeira de Atenas degradábase, e o tesouro de Delos estaba esgotado. O tributo dos aliados foi elevado brutalmente a 1300 [[talento]]s ao ano (no canto de 450) polo decreto de [[Todipo]], pero as defeccións reduciron o seu produto a arredor de 1000 talentos. Unha expedición exitosa a Eubea permite unha distribución de trigo aos cidadáns en [[-424]].
 
Durante o verán deste mesmo ano [[-424]], os atenienses proxectaron unha invasión da Beocia a fin de sementar alí o xerme da [[democracia]] que esperaban ver expandirse pola rexión. A operación comportaba tres grupos que debían coordinarse para o mesmo día: uns partisanos presentes nas cidades de [[Queronea]] e [[Sifas]] sublevaban a poboación contra a orde establecida que viña consolidar a chegada dunha flotafrota ateniense de ocupación de [[Sifas]], o terceiro escenario estaba previsto que fose [[Delio]] mediante a toma da cidade, á cal un importante exército estaba encargado de fortificar, todo isto para dividir o exército beocio. Ao resultar descuberto o plano por unha traizón, e unido a un inexplicábel error na data, o plano non dou resultado ningún ao oeste e permitiu que as forzas beocias se reagrupasen e fosen ao encontro do exército ateniense. A [[batalla de Delio]] dese inverno foi un desastre para Atenas que perdeu tamén a posición fortificada e toda posibilidade de reconquista nesta rexión.
 
Do lado espartiata, o xeneral [[Brásidas]] socorreu [[Mégara]] asediada polos atenienses. Logo sorprendeu aos seus adversarios cunha manobra rápida que lle permitiu atravesar Grecia e apoderarse de [[Anfípolis]] en Tracia o mesmo ano, malia a tentativa de [[Tucídides]] para os salvar. Acordouse unha tregua dun ano entre Atenas e Esparta, pero continúan as operacións contra os inimigos de menor envergadura: [[Nicias]] toma [[Mende]] e asedia [[Escione]], que fixeran defección, mentres que Brásidas fai campaña contra [[Arribeo]] (sen éxito).
Liña 95:
Alcibíades foi expulsado de [[Atenas]] a causa duns escándalos e refuxiouse en [[Esparta]] e deu aos espartiatas o prudente consello de ocupar [[Decelia]], cousa que fixeron en [[-413]], e de axudar a Siracusa.
 
En [[Sicilia]], Lámaco morreu e Nicias ficou só á cabeza da expedición. A chegada a Siracusa de [[Xilipo]], xeneral espartiata, fixo que os atenienses perdesen a batalla dos baluartes arredor da cidade (outubro [[-414]]). A flotafrota ateniense foi capturada na dársena, e enviaron unha forza de socorro baixo o mando de Demóstenes e Eurimedón. En agosto de [[-413]] a flotafrota foi destruída na [[batalla das Epípolas]], logo o exército foi vencido en terra.
 
[[Atenas]] perdeu máis de duascentas naves nesta expedición, e cincuenta mil homes (entre eles sete mil prisioneiros das canteiras de Siracusa).
Liña 103:
=== O triunfo de Lisandro ===
 
A impopularidade de [[Atenas]] medrou, e só quedaron fieis as cidades de Lesbos e Samos. Aquí foi onde se botou unha nova flotafrota ateniense. En [[-412]], as cidades de Xonia, para as que se constituíra a Liga de Delos, fixeron defección, precedidas nisto por Quíos.
 
En [[-411]] ten lugar un golpe de estado [[oligarquía|oligárquico]] en [[Atenas]]. Os Catrocentos piden a paz a Esparta. Pero o exército e a flotafrota rexeitan recoñeceren o cambio e, ao cabo de catro meses de existencia, o réxime oligárquico é revocado. Eubea sublévase, e os espartiatas conseguen unha vitoria naval en [[Eretria]].
 
Entón Alcibíades é chamado de novo e obtén tres vitorias navais contra os espartiatas en [[Batalla de Cinosema|Cinosema]], [[Batalla de Abidos|Abidos]] en [[-411]], e logo en [[Batalla de Cízico|Cízico]] en [[-410]]. [[Atenas]] rexeita entón unha proposición de paz espartiata. Alcibíades retoma o control dos Estreitos ([[Asedio de Bizancio|asediando]] e tomando Bizancio en [[-409]]), logo resulta novamente exiliado tras a desfeita de [[Batalla de Nocio|Nocio]].
 
[[Esparta]] obtén o apoio do rei dos Persas, que envía ao seu fillo [[Ciro o Novo|Ciro]]. Este xúntase con [[Lisandro]], o navarca espartiata, e concédelle unha importante axuda financeira. En [[-406]], [[Calicrátidas]], sucesor de Lisandro, bate a [[Conón]]. [[Atenas]] recupérase, nun último impulso, prometendo a cidadanía aos [[meteco]]s e aos escravos para constituír unha flotafrota que bate a Calicrátidas na [[Batalla das illas Arxinusas]], pero con moi graves perdas, que causan a condena a morte de todos os estrategos atenienses á súa volta.
 
Lisandro, substituíndo a Calicrátidas morto nas Arxinusas, retoma o mando da flotafrota espartiata. A flotafrota ateniense, en posición nos [[Dardanelos]] co fin de garantir a ruta do trigo procedente do [[Mar Negro]], é sorprendida e destruída na [[Batalla de Egospótamos]]. As últimas fontes de avituallamento de [[Atenas]] desaparecen coa súa flotafrota. Atenas tenta resistir desesperadamente: ofrece o dereito de cidadanía aos [[Illa de Samos|samios]], derradeiros aliados fieis, e consolida as súas fortificacións. Pero, sometida ao bloqueo terrestre e marítimo, desfeita pola fame, debe capitular en [[-404]].
 
== Consecuencias ==
 
A paz obriga a [[Atenas]] a disolver a [[Liga de Delos]], a destruír os [[Muros Longos]] e as fortificacións do [[Pireo]] e a licenciar a súa flotafrota, agás doce naves. Entra na [[Liga do Peloponeso]] e a democracia é substituída pola tiranía dos [[Os Trinta|Trinta]].
 
[[Categoría:Historia de Grecia]]