José Antela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
m dspois > despois
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á [[UGT]], militante do [[PSOE]] e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de [[Concello de Lavadores|Lavadores]]. Logo da [[folga xeral revolucionaria de 1934]] foi destituído polo goberno de dereitas e dspoisdespois do trunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.
 
Cando se produciu o [[Sublevación do 18 de xullo de 1936|golpe de estado de xullo de 1936]] que deu lugar á Guerra Civil, o día [[20 de xullo|20]] en [[Vigo]], á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día [[23 de xullo|23]], en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo [[Concello de Lavadores|Lavadores]], mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] e sindicalistas da [[Unión Xeral de Traballadores|UXT]], [[CNT]], así como da [[Federación Anarquista Ibérica|FAI]]. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de [[Mos]] e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun [[consello de guerra]] o [[22 de agosto]], [[pena de morte|condenado á morte]] por ''traizón'' e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no [[Cemiterio de Pereiró]] cinco días despois, xunto ao [[Alcaldes de Vigo|alcalde de Vigo]], [[Emilio Martínez Garrido]], o presidente da agrupación socialista de Vigo, [[Apolinar Torres]], [[Ramón González Brunet]], [[Waldo Gil Santóstegui]], [[Manuel Rey Gómez]] e os deputados e ex-deputados socialistas [[Ignacio Seoane]], [[Enrique Heraclio Botana Pérez]] e [[Antonio Bilbatúa Zubeldía]]. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha [[saca de presos|''saca'']].