Fahrenheit 451: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
retiro categoría errada
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
O xefe de Montag, acostumado a que algúns bombeiros teñan dúbidas existenciais, ten unha charla con Guy, dicíndolle que os libros só serven para facer sentir mal ás persoas, que os libros de filosofía só din que o autor ten a razón e os demais non. Montag contacta cun vello, ex-profesor de literatura, dándolle a posibilidade de actuar para evitar esta desaparición de libros. Deciden intentar imprimir algúns libros que Montag rescatou de incendios. Despois de ler un libro de poemas diante das amigas da súa muller para amosarlles a súa ignorancia, Montag decide que non hai nada que facer con elas. Cando volve ó parque de bombeiros soa a voz de alarma. Hai que ir a un incendio. É na súa casa. Obrigado a queimar a súa propia casa decide actuar e mata ó xefe.
 
Xa fuxitivo e perseguido polas forzas de seguridade, fala co profesor e escapa ó rural, onde hai organizacións de lectores que pretenden manter a memoria viva, recordando cada un un libro para transmitilos oralmente ata que chegue un día en que se podan volver a imprimir e distribuír e que o coñecemento supere á ignorancia.
 
==Legado==