Karlstad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 34:
 
== Historia ==
Na illa máis grande de Karlstad tiña lugar un consello chamado Tingvalla na Idade Media, que tiña as súas raíces na [[era viquinga]] antes do ano 1.000. O lugar tamén adoitaba a usarse como mercado.
 
A Karlstad concedeulle o título de cidade o duque Carlos o [[5 de marzo]] de [[1584]], o cal posteriormente sería coroado como o rei [[Carlos IX de Suecia]]. O nome da cidade deriva do rei (Karlstad significa literalmente "cidade de Carlos"). O duque tamé lle garantíugarantiu a Karlstad o dereito a ter a sede do goberno da rexión, e concedeulle unha considerable cantidade de terra.
 
O duque construíu a súa propia casa na cidade, coñecida como ''Kungsgården'' (a finca do rei). A catedral de Karlstad construiríase no lugar da ''Kungsgården'' entre [[1724]] e [[1730]].
 
O [[golpe de estado]] máis significativo na historia moderna de Suecia tivo a súa orixe en Karlstad. Durante a noite do [[7 de marzo]] de [[1809]], o tenente coronel Georg Adlersparre usou parte odo exército occidental que estaba en Värmland para ocupar Karlstad. Dende alí proclamou oficialmente unha revolución, e durante o [[9 de marzo]] el e os seus soldados comezaron a súa exitosa marcha cara a capital para rematar co reinado do rei [[Gustavo IV Adolfo de Suecia]].
 
Karlstad tivo catro grandes incendios. Só a catedral e un feixe de casas sobreviviron ao último deles, o [[2 de xullo]] de [[1865]]. Only the cathedral and a few houses remained after the last fire on July 2, 1865. Karlstad sería reconstruído segundo un patrón de grella con amplas rúas rodeadas por árbores.
 
En [[1905]] o acordo para disolver a unión entre [[Noruega]] e [[Suecia]] negociouse e asinouse en Karlstad.