S-adenosil metionina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 46:
}}
}}
A '''S-adenosil metionina''' <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=9865604]</ref> <ref>ChemSpider [http://www.chemspider.com/8041295]</ref>, abreviada como '''SAM''', SAMe ou SAM-e, que tamén pode aparecer escrita na literatura como '''S-adenosilmetionina''', '''S-adenosil-L-metionina''' ou '''S-adenosil-metionina''', é un co-[[Substrato (bioquímica)|substrato]] ou [[coencima]] común que intervén na transferencia de grupos [[metilo]]. A SAM foi descuberta en Italia por G. L. Cantoni en 1952.<ref name=cantoni1952>{{Cita publicación periódica | título=The Nature of the Active Methyl Donor Formed Enzymatically from L-Methionine and Adenosinetriphosphate | autor=Cantoni, GL | revista=J Am Chem Soc | volume=74 | número=11 | páxinas=2942–3 | ano=1952 | doi=10.1021/ja01131a519}}</ref> Orixínase a partir de [[adenosina trifosfato]] (ATP) e [[metionina]], que se unen pola acción do encima metionina adenosiltransferase ({{EC number|2.5.1.6}}[http://www.expasy.org/enzyme/2.5.1.6 EC 2.5.1.6]), de modo que se perden os fosfatos e a adenosina queda unida á metionina. As [[vía metabólica|rutas metabólicas]] que utilizan a SAM son as que requiren transmetilación, trans-sulfuración ou aminopropilación. Aínda que estas reaccións anabólicas ocorran en todo o corpo, a maioría da SAM é producida e consumida no fígado. <ref name=cantoni1952 />
 
O grupo metilo (CH<sub>3</sub>) unido ao átomo de xofre da metionina na SAM é quimicamente reactivo. Isto permite a doazón deste grupo a un aceptor de substrato nas reaccións de transmetilación. Máis de 40 reaccións metabólicas implican a transferencia dun grupo metilo desde a SAM a varios substratos tales como [[ácido nucleico|ácidos nucleicos]], [[proteínas]] e [[lípidos]].