Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
É normal escribir os nomes das persoas da Trindade con maiúscula
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3630667 de Theodoxa (conversa) desfago porque tamén pode poñerse en minúscula
Liña 139:
Durante esta época foron evanxelizados os búlgaros. Esta expansión do cristianismo oriental provocou os receos de Roma, e a mediados do século IX estalou unha grave crise entre o [[patriarca de Constantinopla]], [[Focio I, Patriarca de Constantinopla|Focio]] e o papa [[Nicolao I, Papa|Nicolao I]], quen se excomungaron mutuamente, producíndose unha primeira separación das igrexas oriental e occidental que se coñece como [[Cisma de Focio]]. Ademais da rivalidade pola primacía entre as sedes de Roma e Constantinopla, existían algúns desacordos doutrinais. O Cisma de Focio foi, con todo, breve, e cara a 877 as relacións entre Oriente e Occidente volveron á normalidade.
 
A [[Cisma de Oriente e Occidente|ruptura definitiva con Roma]] consumouse en [[1054]], con motivo dunha disputa sobre o texto do Credo, no que os teólogos latinos incluíran a [[cláusula Filioquefilioque]], significando así, en contra da tradición das igrexas orientais, que o [[Espírito Santo]] procedía non só do [[Pai (Trindade)|Pai]], senón tamén do [[Fillo (Trindade)|Fillo]]. Existía tamén desacordo noutros moitos temas menores, e subxacía, sobre todo, o enfrontamento pola primacía entre as dúas antigas capitais do Imperio.
 
=== O declive do Imperio (1056-1261) ===