McDonnell Douglas MD-80: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
== Deseño e desenvolvemento ==
=== Antecedentes ===
[[Douglas Aircraft]] desenvolveu o [[McDonnell Douglas DC-9|DC-9]] nos anos 60 como un compañeiro de curto alcance do maior [[Douglas DC-8|DC-8]].<ref name="Norris, Guy and Wagner, Mark">{{cita libro|apelidos=Norris, Guy and Wagner, Mark|título=Douglas Jetliners|ano=1999|editor=MBI Publishing|isbn=0-7603-0676-1|editoreditorial=MBI Publishing}}</ref> O DC-9 foi un deseño completamente novo, que usaba dous motores [[turbofán]] montados na parte traseira da fuselaxe, e tiña unha cola en T. O DC-9 tiña un deseño de fuselaxe estreita con cinco filas de asentos e unha capacidade de entre 80 e 135 pasaxeiros, dependendo da configuración e da versión do aparello.
 
A serie MD-80 foi a segunda xeración do DC-9. Orixinalmente foi chamada serie DC-9-80 e DC-9 Super 80<ref>{{cita web|título=Historia de Boeing|url=http://www.boeing.com/boeing/history/chronology/chron12.page|editoreditorial=Boeing|dataacceso=25 de xullo de 2014}}</ref> e entrou en servizo en [[1980]]. A serie MD-80 desenvolveuse cara o [[McDonnell Douglas MD-90|MD-90]] que entrou en servizo en [[1995]]. A derradeira variante da familia foi o MD-95, que foi rebautizado como [[Boeing 717|Boeing 717-200]] despois de que [[McDonnell Douglas]] se fusionase con [[Boeing]] en [[1997]].
 
A familia DC-9 é unha das máis exitosas dentro da aviación de pasaxeiros, con ao redor de 2.400 unidades fabricadas; ocupa o terciro lugar tras a familia do [[Airbus A320]] cuns 4.000 avións producidos, e o [[Boeing 737]] cuns 7.000.
Liña 41:
As versións MD-80 teñen cabina, aviónica e aerodinámica melloradas, ademais de motores da serie JT8D-200 máis potentes, eficientes e silenciosos, que significan unha considerable mellora con respecto aos máis pequenos das series JT8D-15, -17, -11, e -9. Os MD-80 teñen tamén fuselaxes mais longas que os seus anteriores homólogos DC-9, ademais de máis alcance. Algúns clientes, como [[American Airlines]], aínda se refiren a eles na súa documentación de frota como "Super 80". A día de hoxe este modelo está operativo en grandes cantidades con aeroliñas como American Airlines e [[Delta Air Lines]]. Avións semelantes á serie MD-80 son o [[Boeing 737|Boeing 737-400]] e o [[Airbus A320]].
 
No ano [[2012]] creouse unha versión de carga ao convertir avisóns de pasaxeiros sobrantes.<ref>{{cita web|título=Converted MD-80 lifts off on maiden flight|url=http://www.flightglobal.com/news/articles/converted-md-80-lifts-off-on-maiden-flight-377299/|editoreditorial=Flightglobal|dataacceso=26 de xullo de 2014}}</ref>
 
=== Probas de voo e certificacións ===
Liña 69:
== Historia operacional ==
[[Imaxe:N951AS MD-82 Alaska Al LAX 12MAR94 (6774005034).jpg|miniatura|250px|MD-82 de [[Alaska Airlines]]]]
A serie MD-80 ten sido usada por aeroliñas de todo o mundo. Os eus principais clientes foron [[Aerolíneas Argentinas]], [[Aeroméxico]], [[Aeropostal Aerorepublica]], [[Alaska Airlines]], [[Alitalia]], [[Allegiant Air]], [[American Airlines]], [[Aserca]], [[Austral Líneas Aéreas]], [[Austrian Airlines]], [[Avianca]], [[China Eastern Airlines]], [[China Northern Airlines]], [[Delta Air Lines]], [[Finnair]], [[Iberia]], [[Japan Air System]] (JAS), [[Korean Air]], [[Lion Air]], [[Martinair Holland]], [[Pacific Southwest Airlines]] (PSA), [[Reno Air]], [[Scandinavian Airlines System]] (SAS), [[Spanair]], [[Insel Air]], [[Swissair]] e [[Trans World Airlines]].<ref>{{cita web|título=Lista de produción do McDonnell Douglas MD-80|url=http://www.planespotters.net/Production_List/McDonnell-Douglas/MD-80/index.php|editoreditorial=Planespotters|dataacceso=28 de xullo de 2014}}</ref>
 
Debido ao uso dos vellos motores JT8D, o MD-80 non é tan eficiente en termos de consumo de combustible como o [[Airbus A320]] ou os novos [[Boeing 737]]; queima uns 4.000 l por hora nun voo normal, mentres que o máis grande Boeing 737-800 queima ao redor de 3,200 l (un 19% menos). A principios dos anos 2000 moitas aeroliñas comezaron a retirar o modelo. O punto de inflexión para que Alaska Airlines comezase a usar o 737-800 foi o prezo de 4 dólares por galón de queroseno que a aeroliña pagaba no verán de 2008; a compañía afirmaba que un típico voo entre [[Los Angeles]] e [[Seattle]] custaríalle 2.000 dólares menos usando un Boeing 737-800 en vez dos MD-80. American Airlines anunciou plans para retirar polo menos 20 MD-80,<ref>{{cita web|título=Aerospace Notebook: MD-80 era winding down as fuel costs rise|url=http://www.seattlepi.com/business/article/Aerospace-Notebook-MD-80-era-winding-down-as-1277527.php|editoreditorial=Seattlepi|dataacceso=28 de xullo de 2014}}</ref> e acelerouse a entrega de novos 737-800,<ref>{{cita publicación periódica|título=American Speeds Jet Purchase|revista=[[The Wall Street Journal]]|data=14 de agosto|ano=2008|páxinas=B4}}</ref> mentres que Midwest Airlines annunciou o [[14 de xullo]] de [[2008]] que retiraría os seus 12 MD-80 (usados principalmente en rutas da costa oeste) cara o outono.<ref>{{cita web|título=Midwest Airlines will cut 1,200 jobs|url=http://www.bizjournals.com/kansascity/stories/2008/07/14/daily6.html?ana=from_rss|editoreditorial=Kansas City Business Journal|dataacceso=28 de xullo de 2014}}</ref> Os menores custes de mantemento dos motores JT8D debido ao seu deseño sinxelo axudaron a reducir a brecha dos custes de consumo de combustible.
 
== Variantes ==