Albrecht Dürer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 80:
O retrato do seu pai de 1490 ([[Galería dos Uffizi]] de [[Florencia]]), foi a primeira pintura que realizou Dürer, cunha gran minuciosidade e realismo e onde se aprecian as influencias da [[pintura flamenga]]. No envés da obra aparecen os escudos familiares do seu pai e da súa nai, polo que se chegou a supoñer que puido ter feito outro retrato á súa nai. Aínda que xa fixera un ''Autorretrato'' en 1484, foi feito como [[debuxo]] coa técnica de punta de prata, e non fixo o seu primeiro ''Autorretrato'' en pintura até 1493, seguramente para llo enviar á súa prometida, tal como suxire a flor de [[rícino]] que sostén entre as súas mans e que simboliza a fidelidade conxugal.<ref name="Fossi2">Fossi (1964) p.2</ref>
 
Establecido en [[1496]] cun taller de seu, o primeiro cliente que lle encargou unha obra foi o elector de [[Saxonia]] Federico III, coñecido coma [[Federico III de Saxonia|Federico o Sabio]], grangrande admirador do artista. Pediulle a realización dun [[retrato]] e dous [[retablo]]s para a Schlosskirche de [[Wittenberg]].
 
Un dos retablos é o ''Retablo de Dresden'', que consta de tres partes: a central coa imaxe de María, e nos laterais as figuras de santo Antón e san Sebastián. O outro, o ''Retablo das Sete Dores'', era un políptico formado por unha táboa central cunha "Nai dolorosa" e sete táboas máis pequenas coas sete dores da Nai de Xesús.<ref>Panofsky, Erwin (1982) páx. 65</ref>
[[Ficheiro:Dürer_-_Selbstbildnis_im_Pelzrock_-_Alte_Pinakothek.jpg|miniatura|esquerda|''Autorretrato'' (1500).]]
O ''Retrato de Federico o Sabio'', está pintado con cores á cola aplicadas sobre o lenzo, e realizado cunha gran sinxeleza no emprego das cores dispostas sobre un fondo marrón. O vestido é negro, con algún detalle dourado e tons de cor verde; a figura, ten unha posición algo xirada para crebar a frontalidade. O efecto que consegue, e polas as súas características, semella o das obras do pintor italiano [[Andrea Mantegna|Mantegna]], como se observa en determinados detalles do tratamento do cabelo.<ref>Panofsky, Erwin (1982) páx. 66</ref>
 
En [[1497]], pintou o ''Autorretrato'' do [[Museo do Prado]] ([[Madrid]]), e en [[1500]] o da [[Pinacoteca]] de [[Múnic]], no que se representa coas características que habitualmente se atribúen a [[Xesús de Nazaret|Cristo]]: a actitude é ríxida e está nunha posición frontal, a disposición da man é a mesma que a man dereita coa que [[Xesús de Nazaret]] fai o aceno de bendicir. Non hai dúbida de que Dürer se representou a si mesmo a semellanza de Cristo, non soamente na composición, senón que suavizou os contornos da súa faciana e modificou a forma do nariz e dos pómulos, ó tempo que agrandou os ollos, que el tiña máis pequenos.<ref>Panofsky, Erwin (1982) páx. 68</ref> Esta modificación non representaba ningunha blasfemia relixiosa, senón que daquela a ''Imitatio Christi'' (imitación de Cristo) interpretábasese interpretaba literalmente; por tanto, era debedora da beleza de Deus como única forza da creación.<ref>Sureda, Joan (1988) páx. 361</ref>
[[Ficheiro:Durer mother.jpg|miniatura|''Retrato con carbón da súa nai'']]
Como explica Panofsky: