Isoglosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Gato Preto (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
Unha '''isoglosa''' é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos [[lingüística|lingüísticos]] distintos. Os trazos poden ser [[fonética|fonéticos]], [[fonoloxía|fonolóxicos]], [[Morfoloxía (lingüística)|morfolóxicos]], [[sintaxe|sintácticos]] e mesmo [[pragmática|pragmáticos]].
 
Partindo docomo exemplo do [[Lingua galega|galego]] actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos [[verbo]]s, na estrutura [[fonoloxía|fonolóxica]], nas realizacións [[fonética|fonéticas]], [[gheada]], [[seseo]], etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental. Porén, unha isoglosa pode internarse non só nas falas dun determinado idioma, senón en dominios pertencentes ao que se consideran linguas distintas. Este fenómeno tipifica as áreas ocupadas por dialectos procedentes dun tronco común, de aí que cando se trata de describir tecnicamente as variantes desde o punto de vista [[Sincronía e diacronía|sincrónico]] non sexa apropiado referirse a linguas, senón a fenómenos dialectais que se van sucedendo a través de ''continuum''<ref>{{Cita web|url = http://filoblogos.blogspot.com.es/2007/01/continuum.html|autor = VV.AA.|título = FilóbLogos|dataacceso = 30/05/2015}}</ref> ''<nowiki/>''lingüísticos.
 
[[Ficheiro:Isoglosa.JPG|dereita|miniatura|150px|Isoglosas marcando imaxinariasaproximadamente as rexións lingüísticas mencionadas no texto.]]
Os problemas na definición de [[lingua]] proceden dunha súa característica: a continuidade. En [[lingüística]] fálase de ''continuum lingüístico'' na [[linguas románicas|Romania]] (onde se falan [[linguas románicas]] ou neolatinas), debido a que existen [[trazo]]s (chamados [[variante]]s) que xeograficamente se perden nun límite e outros que se perden noutro. A estas fronteiras distribucionais ou isoglosas poden agruparse (e polo tanto se chamarán '''substitutivas''' ou '''consecutivas''') ou aparecer illadas (e se chaman '''constitutivas''', difusas ou graduais):
* a caída do ''f-'' inicial latino, a ditongación do ''e'' breve latino e a existencia da realización [[fricativa palatal xorda]] como fonema (que nós escribimos "&lt;x"&gt;) aparecen xuntas de norte a sur en [[Castela]] moi preto das fronteiras con [[Galicia]] e [[Portugal]] (vermello fronte ó resto no mapa);
* pero a isoglosa da existencia da [[gheada]] é interna de [[Galicia]] (en diagonal) excluíndo (horizontal) a [[Portugal]], ademais de propia do [[lingua castelá|castelán]] (verde escuro e vermello fronte ó resto);
* mentres que a isoglosa do [[seseo]] (existencia dunha realización [[fricativa interdental xorda]] como fonema, o "z") é interna dentro de [[Galicia]] (en diagonal) incluíndo a [[Portugal]] (verde escuro e marrón fronte ó resto);
* así como hai isoglosas entre [[Portugal]] efronte a toda [[Galicia]] e [[Castela]] (o verde escuro fronte a marrón e mais azul: existencia de sibilante sonora, o "/z"/ [[Lingua portuguesa|portugués]], ou da [[fricativa palatal sonora]], o "/j"/ [[Lingua portuguesa|portugués]]);
* ou tamén isoglosas dentro de [[Portugal]] incluíndo [[Galicia]] por unha banda (entre o marrón e o azul: existencia do fonema con articulación [[africada palatal xorda]], o "&lt;ch"&gt;, ou a [[ditonto|ditongación]] de "ferreiro").
 
Como se ve, as isoglosas poden concentrarse en determinadas rexións ou aparecer illadamente: no primeiro caso chámanse fronteiras lingüísticas constitutivas e no segundo substitutivas ou consecutivas. As fronteiras das [[linguas románicas]] na [[Península Ibérica]] son constitutivas na súa parte [[setentrional]] ([[Lingua galega|galego]] e [[lingua asturiana|asturiano]], [[lingua asturiana|asturiano]] e [[lingua castelá|castelán]] ou [[lingua castelá|castelán]] e [[lingua aragonesa|aragonés]]) e substitutivas na súa parte [[meridional]] ([[Lingua portuguesa|portugués]] e [[lingua castelá|castelán]]. Isto pasa tamén na fronteira entre as linguas iberorromances e a Galorromania, pois tamén se dá así entre o [[aragonés]] e o [[lingua catalá|catalán]] no norte ou [[lingua castelá|castelán]] e [[lingua catalá|catalán]] en [[Comunidade Valenciana|Valencia]] no sur. Normalmente na Península Ibérica, as fronteiras interlingüísticas máis importantes agrúpanse na dirección norte-sur, mentres que as intralingüísticas se desenvolven na dirección este-oeste.
 
[[Categoría:Dialectoloxía]]