Potasio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 85:
 
== Historia ==
O potasio, do latín científico ''potassium'', e este do neerlandés ''pottasche'', cinza de pote, nome con que o bautizou [[Humphry Davy]] ao descubrilo en [[1807]], foi o primeiro elemento [[Metal (material)|metálico]] illado por [[electrólise]], no seu caso do [[hidróxido de potasio]] (KOH), composto de cuxo nome latino, ''Kalĭum'' do árabe ''al-qali'', provén o símbolo químico do potasio.
 
O propio Davy facía o seguinte relato do seu descubrimento ante a ''Royal Society of London'' o 19 de novembro de 1807: «Coloquei un pequeno fragmento de [[potasa]] sobre un disco illado de [[platino]] que comunicaba co lado negativo dunha [[Batería (electricidade)|batería]] eléctrica de 250 placas de [[cobre]] e [[zinc]] en plena actividade. Un fío de platino que comunicaba co lado positivo foi posto en contacto coa cara superior da potasa. Todo o aparello funcionaba ao aire libre. Nestas circunstancias manifestouse unha actividade moi viva; a potasa empezou a fundirse nos seus dous puntos de electrización. Houbo na cara superior (positiva) unha viva efervescencia, determinada polo desprendemento dun fluído elástico; na cara inferior (negativa) non se desprendía ningún fluído elástico, pero''pequenos glóbulos de vivo brillo metálico completamente semellantes aos glóbulos de mercurio''. Algúns destes glóbulos, a medida que se formaban, ardían con explosión e chama brillante; outros perdían aos poucos o seu brillo e cubríanse finalmente dunha costra branca. Estes glóbulos formaban a substancia que eu buscaba; era un principio combustible particular, era ''a base da potasa: o potasio.»