Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
m Bot: Cambio o modelo: Cita publicación
Liña 160:
Mentres, Guillerme II seguía tendo a máxima autoridade en materia de designacións políticas, e só co seu consentimento podíanse facer cambios importantes no Alto Mando. Guillerme II estaba a favor de despedir a [[Helmuth Johannes Ludwig von Moltke|Helmut von Moltke o Mozo]] en setembro de 1914 e de substituílo por [[Erich von Falkenhayn]]. En 1917, Hindenburg e Ludendorff decidiron que Bethman-Hollweg xa non era acceptable como Chanceler, e pedíronlle ao Káiser que designase a outra persoa. Cando lles preguntou a quen aceptarían, Ludenddorf recomendou a [[Georg Michaelis]]. Guillerme non o coñecía, pero aceptou a proposta.
 
Cando escoitou en xullo de 1917 que o seu primo Xurxo V cambiara o nome da casa real británica de [[Casa de Saxonia-Coburgo-Gotha|Saxonia-Coburgo-Gotha]] a [[Casa de Windsor|Windsor]],<ref>{{citaCita publicación periódica|título=no. 30186, p. 7119|publicación=[[London Gazette]]|data=17 de xullo de 1917|url=http://www.london-gazette.co.uk/issues/30186/pages/7119}}</ref> debido ao sentimento xermanófobo no Reino Unido, Guillerme indicou que había planeado ver a obra de [[Shakespeare]] ''[[The Merry Wives of Windsor|As alegres comadres de Saxonia-Coburgo-Gotha]]''.<ref>{{Citation | url = http://books.google.com/books?id=4QcAVV_jIqYC&pg=PP22#v=onepage&q&f=false | page = xxiii | publisher = Google | title = Books | isbn = 9780307593023 | data = 23 de marzo de 2010}}</ref>
 
A mediados de 1918, púxose de manifesto a imposibilidade de que [[Imperio alemán|Alemaña]] gañase a guerra; un Consello da Coroa, baixo a presidencia de Guillerme II, decidiu iniciar as conversacións de paz, pero perdeuse moito tempo en tomar esta decisión. O apoio cara ao Káiser colapsouse por completou en outubro-novembro de 1918 no exército, no goberno civil, e na opinión pública alemá. En gran medida débese ao seu sentido de sufrimento que Guillerme II trate de tomar un papel predominante na crise de [[1918]]. Deuse conta da necesidade dun [[armisticio]] e non consideraba que Alemaña debese desangrarse por unha causa perdida. Dada a súa escasa popularidade, o Presidente [[Woodrow Wilson]] deixou claro que o Káiser non podía tomar parte nas negociacións de paz.<ref>Harvnp, Cecil. Ano 1996. p = 283</ref><ref>Harvnp, Schwabe. Ano 1985. p = 107</ref> Ese ano, Guillerme tamén enfermou debido á [[epidemia de gripe de 1918]], aínda que sobreviviu.