Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Tradución do artigo en castelán.
Liña 9:
 
A época de expansión do estilo pola península, coincide coa ocupación musulmá, desenrolándose deste xeito o Románico pola parte setentrional da península, non ocupada polos mouros. As principais mostras deste arte pódense atopar por toda a xeografía do país, destacando, xunto a catedral compostelá os [[mosteiro]]s [[idade media|medievais]] da [[Ribeira Sacra]] onde se poden atopar numerosos mosteiros románicos entre as provincias de [[provincia de Lugo|Lugo]] e [[provincia de Ourense|Ourense]]<ref>http://www.arrakis.es/~garma/romanico.html 5º parágrafo</ref>.
 
Presenta semellanza co [[Románico asturiano]], co que comparte unha primeira fase na que foi determinante a tradición do Prerrománico local, denominado xenericamente arte asturiana (independentemente da súa situación nunha ou outra comunidade autónoma actual).
 
Nesa primeira fase, en torno ao [[século XI]], mantense a planimetría prerrománica, introducíndose elementos identificables como románicos na [[escultura]] e decoración arquitectónica. Simultáneamente, introdúcese o [[Arquitectura románica en Italia|Románico lombardo]] ou primeiro Románico, identificábel en exemplos illados, coma [[San Martiño de Mondoñedo, Foz|San Martiño de Mondoñedo]] ou [[San Xoán de Vilanova]].
 
A fase central do '''Románico en Galiza''' recibiu a denominación de '''Románico compostelán''' dada a indiscutíbel centraliade cultural do programa artístico en torno á [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Numerosas construcións rurais, menos ambiciosas ([[Aguasantas, Cotobade|Aguasantas]], [[A Mezquita, A Merca|A Mesquita]]) reproducen ou imitan elementos coma o falso [[triforio]] (resultante nun dobre piso ou tribuna que non leva chan, a diferenza do modelo imitado).
 
A comezos do século XII realizouse a primitiva decoración escultórica da [[Fachada das Pratarías|Porta das Pratarías]] (afectada pola revolta contra o bispo [[Diego Xelmírez|Xelmírez]] -[[1117]]-); mentres que a finais do [[século XII]] se desenvolveron os traballos do Mestre Mateo, do que destaca o programa escultórico do [[Pórtico da Gloria]]. A súa repercusión pode verse na difusión das portadas monumentais ([[San Estevo de Ribas de Miño]]).
 
== Arquitectura por provincias ==
Liña 20 ⟶ 28:
[[Ficheiro:Colegiata.jpg|esquerda|miniatura|[[Real Colexiata de Santa María do Campo]] [[A Coruña]].]]
 
Na Golfo Ártabro destacan como exemplo a [[Igrexa de San Xoán de Vilanova]] ([[Betanzos]]), a [[Igrexa de San Miguel de Breamo]] ([[Pontedeume]]) e a [[Igrexa do Mosteiro de San Martiño de Couto]]) na parroquia de Xubia, no concello de [[Narón]]. A primeira trátase dunha igrexa pertencente ao románico primitivo, entroncado co prerrománico asturiano e o románico lombardo<ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm Románico en el Golfo Ártrabo, 6º parágrafo</ref>. A Segunda foi cabeza dun pequeno mosteiro de cóengos regulares agostiños, amparados por [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] (1157-1188), mantida ata comezos do [[século XVII]]. Tralo cal pasou a ser priorato, e posteriormente, ermida a cargo da parroquia de Vilar. Semella estar relacionada co mundo Templario, aínda que non existen datos que o confirmen <ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm, Románico en el Golfo Ártrabo 7º parágrafo</ref>. A terceira pertence ao [[Mosteiro de San Martiño de Couto]], e constitúe un dos mellores exemplos do románico tardío na provincia<ref>http://www.arteguias.com/romanico_artabro.htm, Románico en el Golfo Ártrabo 8º parágrafo</ref>. Na área metropolitana da Coruña destaca a [[Igrexa de Santa María de Cambre|Igrexa de Santa María]] no concello de [[Cambre]], único exemplo rural do románico compostelán, e, no concello da [[A Coruña|Coruña]] as igrexas de [[Igrexa de San Vicente de Elviña|San Vicente de Elviña]], a [[Igrexa de Santiago da Coruña|Igrexa de Santiago]] (segunda metade do [[século XII]]), a igrexa máis antiga da cidade (segunda metade do [[século XII]]), a [[Real Colexiata de Santa María do Campo]] de influencia románica tardía (séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]]).
Na área metropolitana da Coruña destaca a [[Igrexa de Santa María de Cambre|Igrexa de Santa María]] no concello de [[Cambre]], único exemplo rural do románico compostelán, e, no concello da [[A Coruña|Coruña]] as igrexas de [[Igrexa de San Vicente de Elviña|San Vicente de Elviña]], a [[Igrexa de Santiago da Coruña|Igrexa de Santiago]] (segunda metade do [[século XII]]), a igrexa máis antiga da cidade (segunda metade do [[século XII]]), a [[Real Colexiata de Santa María do Campo]] de influencia románica tardía (séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]]).
 
=== Provincia de Lugo ===