Congreso da Emigración Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chum (conversa | contribucións)
Chum (conversa | contribucións)
Liña 13:
A cultura ten un peso importante dentro deste encontro, sendo o eixo temático que concentra o maior número de relatorios (21 de 66 comunicacións repartidas en 6 bloques) e que levanta máis expectativa, segundo confirman as propias actas.
 
O 24 de xullo celebrouse a súa sesión preparatoria no Centro Ourensán e foi elixido presidente do Congreso [[Xesús Canabal]], que fora Ministro da República Española no exilio.
===Selección===
A selección do Primeiro Congreso da Emigración Galega encontra certas limitacións en canto á representatividade do sistema cultural galego, tanto por estar impulsado por un colectivo galeguista (non sempre en boa relación coas restantes liñas ideolóxicas en xogo ou inclusive con outros grupos) como por haber notábeis diferenzas no grado de participación dos diferentes núcleos de emigrados (sendo maioritaria a presenza de colectividades sediadas en torno ao Río de la Plata). A pesar disto,trátase dunha proposta unitaria, coa representación de moitos enclaves e inclusive da Galiza territorial.
 
A respresentación das entidades americanas contou entre outros con [[Xosé Velo]], representando aos galegos de [[Venezuela]]; [[Francisco Comesaña Rendo|Francisco Comesaña]], [[Roxelio Rodríguez de Bretaña]] e [[Marcial Fernández Vázquez]], os de [[México]]; [[Xerardo Álvarez Gallego]], aos de Cuba; [[Suárez Picallo]], aos de [[Chile]]; [[Emilio González López]], aos [[Estados Unidos]]; [[Lois Tobío Fernández|Lois Tobío]], [[Xesús Canabal]], Xuan Martínez Castro aos galegos do [[Uruguai]].
 
De Galiza tamén chegan propostas , aínda que non acudan presencencialmete, feitas, principalmete, polo colectivo xestado á volta da [[editorial Galaxia]], os irmáns Carré Alvarellos (vinculados á [[Academia Galega]]), Carlos Pereira Amile, un conxunto independente, próximo a Galaxia, integrado por [[Manuel Beiras]], [[Xosé Mosquera Pérez]] e José R. Vázquez. Tamén [[Otero Pedrayo]] e [[Domingo García-Sabell]].