Vitis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 38:
 
== Historia ==
As vides plantáronse tradicionalmente usando árbores como [[espque]]s. No [[Imperio Asirio]] (s. VII A.C.), as videiras aparecen representadas crecendo arredor de árbores que asemellan [[Pinus|piñeiro]]. A primeira proba documental da maridanza de [[umeiro]]s e videiras atopámola na Grecia Clásica, onde se menciona un viño chamado ''Pteleaikós oinos'' que fai referencia á rexión onde se producía, [[Ptelea]] ([[Umeiro]]). Durante a época Romana o cultivo das vides maridadas aos umeiros adquire maior importancia, como se reflexa nos tratados de agricultura. A práctica foi tan común que aparece de moda recorrente como tópico na literatura. No século I A.C., cando aparece a máxima latina ''Pirum, non ulmum accedas, si cupias pira'' (Á pereira acode, non ao umeiro, se peras queres) de onde procedería a expresión ''Pedirlle peras ao umeiro'', dado que a froita que se asociaba a esta árbore non era a pera senón a uva. Os textos clásicos son copiados durante a Idade Media, e só os agrónomos árabes da península Ibérica fornecen novas probas da relación entre videiras e umeiros xa no século XII. Catro séculos despois a utilización de umeiros coma espeques por onde ruben as vides era rara na Península Ibérica, porén a maridanza das vides con árbores, aínda que non umeiros, durou no sur de España e nos arrabaldes de [[Barcelona]] até o século XIX. Porén en [[Italia]] umeiros e videiras se plantaban xuntos incluso no século XX, antes de que a [[grafiose]] comezara a matar as plantacións de árbores e os agricultores se visen na obriga de os substituír por espeques e pastas.<ref>{{cita publicación|autor= R.A. López-Rodríguez, L. Gil, P. Fuentes-Utrilla|título= The historical relationship of elms and vines |ano= 2004 |revista= Investigación agraria. Sistemas y recursos forestales|volume=13|isbnissn= 1131-7965 |páxinas= 7-16}} </ref><ref>{{cita libro |autor=Rosario Sierra de Grado|título= El Álamo temblón(Populus tremula): Bases para su cultivo, gestión y conservaciónL|editorial= Mundi-Prensa Libros|ano= 2003|páxinas= 222 pp.}} </ref>
 
Antigamente os viñedos plantábanse nos peores terreos e espallados por estes sen orde ningunha, aproveitando o espazo con máis de 4.000 cepas por hectárea. Tiñan o inconveniente de requirir moita man de obra para realizar os coidados e [[vendima]], polo que nas novas plantacións comezáronse a aliñar as cepas, deixando maior espazo entre elas, co obxectivo de poder usar animais para realizar algúns labores. Coa chegada da maquinaria agrícola os carreiros entre as diferentes ringleiras tivo que se facer maior, reducindo o número de plantas, mais gañando en comodidade. Os sistemas de [[emparrado]] fan máis regular a [[maduración]] e permiten incluso mecanizar a vendima.