Alonso Jofre Tenorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Liña 4:
O seu pai era [[Diego Alonso Tenorio]], señor de Tenorio con herdanzas en [[Toledo]] e [[Sevilla]] logo de campañas militares xunto a [[Afonso X o Sabio]]. Casou con [[Aldonza Jofre de Loaisa]], filla de [[Jofre de Loaisa]], Señor de [[Preter]], cabaleiro [[Aragón|aragonés]], aio da raíña consorte dona [[Violante de Aragón|Violante]] e do infante [[Fernando de la Cerda]], amplamente recompensado no repartimento de Sevilla.
 
Froito de esta unión conxugal naceu Alonso Jofre Tenorio, herdeiro na titularidade da Casa. Foi coetáneo dos reis [[Fernando IV]] e [[Afonso XI]]. No reinado deste último desempeñou varios cargos. Serviu como [[adiantado]] maior de [[Castela - Castilla|Castela]]. Estaba encargado de manter a paz na zona, de recadar os tributos rexios, xulgar os preitos en apelación e sobre todo de investirse con mando militar en caso de guerra. Aparece por tanto como un membro da nobreza que ocupa postos públicos importantes, xa que os adiantados eran elixidos polo monarca entre os grandes magnates do reino que gozaban da súa confianza.
[[Ficheiro:Monasterio de Santa Clara. Presbiterio.jpg|miniatura|]]
En 1314, segundo [[Ortiz de Zúñiga]], era xa [[almirante]] maior da mar. Ó almirante, como dignitario da corte rexia, o rei confiáballe o mando da súa flota e a dirección da guerra na mar. Equivalía a un «alter ego» do monarca cando navegaba. Por iso, quedaban baixo a súa autoridade e xurisdición os portos e concellos das vilas do litoral. As súas atribucións eran moi diversas. Durante o primeiro terzo do [[século XIV]] tiña ó seu cargo o poder militar da flota con ampla potestade xurisdicional sobre tódolos homes que embarcaban en armadas da Coroa, ademais do coidado e dirección da construción naval nos [[estaleiro]]s.