Maruxa Boga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética
m en Arxentina -> na Arxentina
Liña 4:
Filla de galegos, comeza a súa traxectoria como locutora de [[radio (medio de comunicación)|radio]] no programa ''Galicia'', que dirixía a actriz [[Maruxa Villanueva]]. O [[5 de agosto]] de [[1945]] comeza a presentar, a canda o actor [[Fernando Luís Iglesias Sánchez|Fernando Iglesias]], "[[Tacholas]]" e o seu home, o xornalista [[Alfredo Arostegui]], o programa de radio ''Recordando a Galicia'' na emisora arxentina [[Radio Rivadavia]].
 
Funda con Tacholas a compañía de [[teatro]] Boga-Tacholas, coa que se dedica á representacións de [[comedias]] moitas delas de temática galega. Logo de que Tacholas deixa en [[1953]] a presentación do programa, continuará con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega enna Arxentina, e por el pasaron [[Castelao]], [[Eduardo Blanco Amor]], [[Antón Alonso Ríos]], [[Ramón Suárez Picallo]] ou Maruxa Villanueva.
 
== Premios e distincións ==
Recibiu o ''[[Grelo de ouro]]'' en [[1998]] canda a [[Maruxa Villanueva]] e [[Tacholas]], polo impulso do teatro galego enna Arxentina.
 
== Véxase tamén ==