Igrexa Evanxélica de Marín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina -> da Arxentina; cambios estética
Liña 4:
O seu [[pastor (relixión)|pastor]] é [[Xulio Torres Caeiro]], natural de [[Marín]], que comparte a dirección da igrexa cun consello administrativo-consultivo chamado Consello de Pastores, do que dependen todas as estruturas organizativas da igrexa. Todos os seus membros e cargos son recoñecidos e aceptados polos fieis da congregación.
 
== Reseña Histórica ==
[[Ficheiro:CapillaevangelicaMarin1899.jpg|miniatura|dereita|300px|Marín e a Igrexa Evanxélica en 1899]]
O primeiro contacto da xente de [[Marín]] co credo protestante produciuse en marzo de [[1882]], cando os misioneiros ingleses [[Thomas Blamire]] e [[James Wigstone]] predicaron de forma pública. O día 8 de outubro dese mesmo ano realizáronse os primeiros bautismos por inmersión na [[Illa de Tambo]]: [[Francisco Pais Pesqueira]] e Xosefa Pazos Santos. A congregación creceu durante os seguintes meses, ata alcanzar un número estable de entorno a 200 persoas.
 
Blamire foi o seu primeiro dirixente (denominado "[[pastor (relixión)|pastor]]" polos membros da congregación), e á súa morte en [[1894]], [[Cecilio Hoyle]] sucedeuno no cargo. No seu servizo como dirixente construíuse o centenario edificio de culto que a congregación utiliza na actualidade, inaugurado o 31 de decembro de [[1899]].
Liña 14:
En [[1906]] [[Enrique Turrall]] substitúe no pastorado a [[Cecilio Hoyle]]. O matrimonio Turrall deixou impronta en varias xeracións de marinenses polo seu afecto, valentía, capacidades de evanxelista, predicador e compositor de himnos.
 
O fenómeno da emigración das primeiras décadas do [[século XX]] permitiu que a mensaxe cristiá que a Igrexa Evanxélica de Marín compartía cos seus conveciños chegase tamén a moitos outros lugares de España, deda [[Arxentina]], [[Uruguai]], [[Chile]], [[Cuba]], [[Brasil]] e [[Venezuela]].
 
A [[Segunda República Española]] significou o primeiro período de [[liberdade relixiosa]]. Porén, nos anos da [[Guerra Civil Española]] e na [[Posguerra]] a congregación atravesou grandes dificultades debido á oposición do réxime de [[Francisco Franco]], que expulsou aos misioneiros estranxeiros, e aínda máis entre a murmuración e persecución por parte dos simpatizantes da [[ditadura]].
Liña 23:
Pese a iso, non abandona o seu fin orixinal, compartir as súas crenzas e fomentar o establecemento doutras igrexas afíns, en [[Pontevedra]] e [[Vilagarcía de Arousa]] e colaborando para evitar a desaparición doutras, como a de [[Vilar, Silleda|Vilar]], en [[Silleda]].
 
== Emigrantes ilustres ==
[[Ficheiro:Capela evanxélica de Seixo.JPG|miniatura|275px|Capela evanxélica de [[Seixo, Marín|Seixo]]]]
Ademais das [[Igrexas Evanxélicas]] que se abriron en distintas partes de España e Latinoamérica, da Igrexa Evanxélica de Marín saíron personaxes que influíron no mundo evanxélico como [[Jonatán Medinilla]], mestre na escola evanxélica e que tivo que emigrar a [[Arxentina]] pola persecución relixiosa, ou [[Francisco País Pesqueira]] primeiro bautizado da Igrexa Evanxélica de Marín, e tamén profesor-director na escola evanxélica, que se estableceu en [[Cuba]] e foi pai de [[Frank País]] crente evanxélico, heroe da [[revolución cubana]] que loitou pola chegada da democracia a [[Cuba]] tras o golpe militar de [[Fulgencio Batista]], aínda que foi asasinado e coa súa morte truncáronse as expectativas da democracia naquel entón.
 
== Actividades de Relevancia ==
A congregación é un referente cultural na comarca pola promoción de actividades sociais, culturais e artísticas.
 
Liña 36:
Desde o ano [[1993]] leva a cabo actividades de campamento, retiros, xornadas para mestres de ensinanza evanxélica ([[ERE]]), ou xornadas sobre obra social ou inmigración no ''Centro de Campamentos A Pradeira'', un espazo dedicado á dinamización da convivencia.
 
== Representación ==
A Igrexa Evanxélica de Marín identifícase co grupo de [[igrexas evanxélicas]] denominado [[Asembleas de Irmáns]] ou [[Igrexas dos Irmáns]], forma parte da [[Federación de Igrexas Evanxélicas de Galicia]] e participa activamente no programa "[[Nacer de Novo]]" tanto na [[Radio Galega]] como na ([[Televisión de Galicia]]), sendo [[Marín]] o lugar onde está establecida a súa sede social.
 
Liña 45:
Ten á súa vez presenza en internet, a través da páxina de información da mesma congregación e tamén a través dun portal de servizos a toda a comunidade de fala hispana en internet.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.protestantedigital.com/new/nowleernoticia.php?r=177&n=6182 125 años de Igrexa Protestante en Marín]
* [http://maps.google.es/maps?f=q&hl=es&geocode=&q=mar%C3%ADn,+pontevedra&ie=UTF8&ll=42.412811,-8.683319&spn=0.050188,0.115356&t=h&z=13&om=1 A Igrexa Evanxélica de Marín en Google Maps]
* [http://www.protestantedigital.com/new/nowleernoticia.php?r=196&n=7336 A Igrexa Evanxélica de Marín recibe o premio «Marinense do ano»]
* [http://www.forocristianoevangelico.com/showthread.php?t=1643 A Igrexa evanxélica de Marín recibe o Premio Liberación 2007]
* [http://www.iglesiaevangelicamarin.com Páxina web da Igrexa Evanxélica de Marín]
* [http://www.elatrio.net ElAtrio.Net]
* [http://www.redevangelica.es/ Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España]
 
[[Categoría:Protestantismo en Galicia]]