Motu One, Illas da Sociedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q584092
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón
Liña 36:
'''Motu One''', coñecido tamén como '''Bellinghausen''', é o [[atol]] máis setentrional do grupo de [[Illas de Sotavento (da Sociedade)|illas de Sotavento]] das [[illas da Sociedade]], na [[Polinesia Francesa]]. Administrativamente depende directamente do goberno territorial. Está situado a 380 km ao noroeste de [[Tahití]]. As súas coordenadas son: {{Coordenadas|15|48|S|154|32|W}}.
 
O atol consiste en catro illotes e unha lagoa sen ningún paso navegable. É un dos lugares importantes para a reprodución das [[tartaruga verde|tartarugas verdes]] que acoden a aniñar no outono. A superficie total é de 2,8 km2 e non ten unha poboación permanente.
 
Motu One foi descuberto polo ruso [[Otto von Kotzebue]] en [[1824]], que lle puxo o nome do seu amigo, o explorador [[Fabian von Bellinghausen]]. O nome ''motu one'' significa «illote de area» e é un nome común utilizado noutros lugares. Outros nomes históricos son: Papa Iti e Temiromiro. Non hai evidencias de que fose poboado ata hai pouco tempo. Na década dos 1950, foi ocupado por traballadores de [[copra]], pero abandonado na década seguinte.