Dionisia López Amado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
m en Arxentina| -> na Arxentina|; cambios estética
Liña 1:
'''Dionisia López Amado''', nada en [[Cedeira]] en febreiro de [[1928]] e falecida o [[29 de novembro]] de [[2008]] en [[Bos Aires]], foi unha activista política [[Galicia|galega]], membro do grupo de [[Nais de Praza de Maio]].
 
== Traxectoria política ==
Dionisia López Amado emigrou a [[Arxentina]] en [[1952]] canda o seu home e mais o seu fillo, naquela altura de cinco meses. O fillo, Antonio Adolfo Díaz López, fotógrafo, e mais a súa nora, enfermeira, eran militantes do [[Partido Revolucionario de los Trabajadores]] e foron presuntamente secuestrados durante a [[Guerra sucia enna Arxentina|guerra sucia arxentina]], o [[15 de maio]] de [[1976]], e permaneceron desaparecidos ata a actualidade.
 
A finais dos anos setenta, Dionisia López pasou a integrar o colectivo de [[Nais de Praza de Maio]], que reivindicaba información sobre o estado e situación dos asasinados e desaparecidos en Arxentina. Posteriormente fundou a Comisión de Familiares de Desaparecidos Españois, e era a presidenta da Comisión por la Memoria, la Verdad y la Justicia de Zona Norte, unha plataforma de reivindicación histórica do distrito de [[Tigre, Arxentina|Tigre]]<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=370706 El BNG lamenta la muerte de la gallega Dionisia López Amado, madre de Plaza de Mayo], ''[[El Correo Gallego]]'', 30/11/2008</ref>, localidade onde vivía.
 
== Vida persoal ==
Faleceu a causa dunha [[peritonite]]<ref>[http://www.vieiros.com/nova/70580/foise-dionisia-lopez-amado-a-nai-da-praza-de-maio-galega Foise Dionisia López Amado, a Nai da Praza de Maio galega], ''[[Vieiros]]'', 30/11/2008</ref>.
 
== Galardóns ==
* Distinción Rosalía, entregada polo colectivo [[Herbas de prata]], [[2007]]<ref>[http://herbasdeprata.blogspot.com/2007/11/galegas-no-da-internacional-da-muller_30.html Galegas no Día Internacional da Muller], Web de Herbas de prata, 30/11/2007</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref}}