Selección de fútbol de Chile: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina]] -> da Arxentina]]
m de Arxentina| -> da Arxentina|
Liña 34:
== Historia ==
[[Ficheiro:Sele1930.JPG|miniatura|esquerda|190px|A selección chilena previo a un partido da [[Copa Mundial de Fútbol de 1930]].]]
A selección de fútbol de Chile disputou o seu primeiro encontro internacional ante a [[Selección de fútbol deda Arxentina|selección arxentina]] o [[27 de maio]] de [[1910]]. O encontro, disputado en [[Bos Aires]], finalizou 3-1 a prol de Arxentina. Vinte anos despois, chegou a [[Copa Mundial de Fútbol de 1930|I Copa Mundial de Fútbol]], a cal foi a única realizada sen un proceso de clasificación previo. Todo equipo afiliado á FIFA foi convidado a competir no torneo, pensado inicialmente para albergar a dezaseis participantes. Finalmente, o torneo comezou o [[13 de xullo]] de [[1930]], con só trece participantes, entre os cales estaba Chile. O [[Hungría|húngaro]] [[Gyorgy Orth]] foi o encargado de dirixir ao seleccionado chileno. Chile foi membro do Grupo A, xunto a {{sel|Arxentina}}, {{sel|Francia}} e {{sel|México}}.
 
No seu encontro de debut, o [[16 de xullo]], Chile venceu 3-0 á selección mexicana. Tres días máis tarde, venceu 1-0 a Francia. Os chilenos posuían a mesma punuación que a selección de Arxentina, polo cal o último partido, disputado o [[22 de xullo]], significaba a definición do líder do grupo. Nun encontro ante 1.000 espectadores no [[Estadio Centenario]] de [[Montevideo]], Arxentina púxose en vantaxe aos 12 [[minuto]]s grazas a un gol de [[Guillermo Stábile]], quen novamente marcou no minuto 14. O chileno [[Guillermo Subiabre]] reduciu diferenzas cun gol aos 15 [[minuto]]s. Finalmente o encontro terminou 3-1 a favor de Arxentina, tras un gol de [[Mario Evaristo]] no minuto 51. Con este resultado, Chile quedou no segundo lugar da clasificación do Grupo A, o que non lles permitiu acceder ás semifinais do torneo. Chile acabou no quinto posto da estatística final.