Alfredo Astiz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categoría
m en Arxentina]] -> na Arxentina]]; cambios estética
Liña 1:
'''Alfredo Ignacio Astiz''' ([[8 de novembro]] de [[1951]]), coñecido como ''el ángel rubio'' e ''el ángel de la muerte'', é un ex [[capitán de fragata]] da [[Armada Arxentina]], que durante a [[ditadura]] do ''[[Proceso de Reorganización Nacional]]'' en [[Arxentina]] se infiltrou nas organizacións de dereitos humanos como espía. Pertenceu ao GT (Grupo de Tarefas) 332 que actuaba con base na [[ESMA]]. Entre os [[delito de lesa humanidade|delitos de lesa humanidade]] que se lle atribúen se contan casos de gran resonancia internacional como o secuestro, tortura e desaparición de dúas monxas francesas, [[Alice Domon]] e [[Léonie Duquet]] polos cales foi condenado en ausencia en [[Francia]] a cadea perpetua, e a moza arxentino-sueca, [[Dagmar Hagelin]].
 
== Biografía ==
[[Ficheiro:ESMA 2.JPG|miniatura|Escuela de Mecánica de la Armada, onde funcionaba o ''Grupo de Tareas 332'' durante o ''Proceso''.]]
Ao producirse o golpe militar do [[24 de marzo]] de [[1976]] que deu orixe ao chamado [[Proceso de Reorganización Nacional]] Alfredo Astiz foi asignado á [[Escuela de Mecánica de la Armada]] (ESMA), baixo o mando do capitán de corbeta [[Jorge Eduardo Acosta]]. No marco da [[Guerra sucia enna Arxentina]] na ESMA organizouse un [[centro clandestino de detención]] e un Grupo de Tarefas para realizar operacións ilegais encubertas numerado como GT 332 A este último pertenceu Alfredo Astiz.
 
O Grupo de Tarefas 332 realizou gran cantidade de secuestros ilegais, levando aos [[detidos-desparecidos]] á ESMA, onde se estima que foron detidos e secuestrados ao redor de 5.000 persoas, das cales menos dun 5% sobreviviron. Como foi contado en detalle por outro represor da ESMA, [[Adolfo Scilingo]], o modo básico de facer desaparecer definitivamente aos detidos, era a través dos denominados ''[[vóos da morte]]'', mediante os cales se sedaba aos detidos-desaparecidos e se lles tiraba vivos ao mar mediante avións militares.
 
=== O grupo da igrexa Santa Cruz ===
A Alfredo Astiz encomendóuselle a tarefa especial de infiltrarse nas organizacións de dereitos humanos e en especial na Asociación [[Nais de Praza de Maio]]. Para iso adoptou o nome falso de Gustavo Niño, simulando ser familiar dun detido-desaparecido. As nais adoitaban referirse a el cariñosamente como ''"el rubito"'', por mor do ton louro do seu cabelo e os seus ollos azuis. Nese carácter Astiz desempeñouse activamente e o seu nome suposto chegou a figurar na solicitude reclamando a liberdade dunha listaxe de detidos-desaparecidos que as organizacións de dereitos humanos publicaron no xornal [[La Nación]] o [[10 de decembro]] de [[1977]]. Astiz, baixo o seu nome simulado de Gustavo Niño, acostumaba acompañar ás nais e a outros activistas dos dereitos humanos, nas súas reunións e actividades na igrexa Santa Cruz pertencente aos pais [[pasionistas]], no barrio [[San Cristóbal (Bos Aires)|San Cristóbal de Bos Aires]] e xogar coas nenas e nenos que integraban a agrupación de boy scouts da parroquia.
 
Liña 16:
{{Cita|Hasta en sus peores momentos de dolor, la Hermana Alice que estaba en "Capucha"- preguntaba por la suerte de sus compañeros y en el colmo de la ironía- en forma particular por el «muchachito rubio», que no era otro que el Teniente de Fragata Astiz... (Testemuño de Lisandro Raúl Cubas, Cartapacio N° 6974, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985)<ref>[http://www.desaparecidos.org/arg/conadep/nuncamas/nuncamas.html ''Informe Nunca Más, Capítulo II, Víctimas, E. Religiosos'', Informe Nunca Más, CONADEP, 1985]</ref>}}
 
=== Dagmar Hagelin ===
O [[26 de xaneiro]] de [[1977]] o Grupo de Tarefas 332 da ESMA detivo a Norma Burgos, esposa dun alto dirixente da organización guerrilleira [[Montoneros]]. Un grupo, no que se atopaba Astiz, permaneceu na casa de Norma Burgos co fin de agardar a chegada, ao día seguinte, de [[María Antonia Berger]], outra alta dirixente de Montoneros.
 
O [[27 de xaneiro]] de [[1977]], ás 8:30 da mañá, unha moza de 17 anos, loura e de ollos celestes, chamada Dagmar Hagelin, amiga de Norma Burgos, chegou á súa casa a saudala. Debido ao tipo nórdico de Dagmar Hagelin, o Grupo de Tarefas pensou que era a dirixente montonera que esperaban, e en canto traspasou a porta do xardín apuntáronlle coas armas. Dagmar, que practicaba atletismo, respondeu volvendo saír á rúa para fuxir correndo. Astiz e un cabo de apelido Peralta foron tras ela. Astiz entón deulle dúas veces a orde de alto e procedeu a dispararlle, acertándolle no lado esquerdo cerca do arco superciliar esquerdo, sen causarlle unha ferida de moita gravidade. A consecuencia do disparo Dagmar caeu boca abaixo sobre a beirarrúa. As forzas de seguridade detiveron entón un taxi Chevrolet, chapa-patente C-086838, conducido por Jorge Eles, onde a moza ferida foi introducida no maleteiro. Segundo o dito polas numerosas testemuñas que presenciaron a acción Dagmar atopábase viva e consciente pois intentou frear coas súas mans a tapa do maleteiro antes de pecharse. Dagmar foi vista con vida na [[ESMA]], perdéndose todo rastro dela logo de marzo de 1977.
 
=== Escándalo internacional ===
A desaparición das monxas francesas Léonie Duquet e Alice Domon e da moza arxentino-sueca Dagmar Hagelin produciu un involucramento activo e directo dos gobernos de [[Francia]] e [[Suecia]], respectivamente, para esixir ao goberno arxentino información concreta sobre as tres mulleres desaparecidas. No caso de Dagmar Hagelin ata reclamaron enerxicamente ao presidente dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[James Carter]] e ao Papa [[Xoán Paulo II]].
 
Liña 36:
{{Cita|Este es el secuestrador.<ref>[http://www.desaparecidos.org/arg/victimas/h/hagelin/dagmar.html ''Dagmar Ingrid Hagelin'', Desaparecidos]</ref>}}
 
=== A súa participación na Guerra das Malvinas ===
 
Pouco tempo despois, o [[2 de abril]] de [[1982]] a Arxentina ocupou militarmente as Illas Malvinas dando orixe á [[Guerra das Malvinas]]. Astiz nesa situación foi destinado ás Illas [[Georgias do Sur]] para dirixir un grupo comando chamado ''Los Lagartos''. O 25 de abril as tropas [[británica]]s desembarcaron nas illas. Poucas horas despois Astiz, ante tropas non moi superiores e ao disparo do primeiro mísil blow pipe británico, rendeu incondicionalmente o pavillón arxentino. Unha histórica fotografía mostra o momento no que Astiz, de barba asina a rendición ante os capitáns Pentreath e Barker das forzas armadas británicas.
Liña 42:
Astiz quedou entón detido como [[prisioneiro de guerra]]. Francia e Suecia reclamaron entón a súa extradición para xulgalo. Pero [[Gran Bretaña]], gobernada entón por [[Margaret Thatcher]], invocou a [[Convención de Xenebra]], para negar a extradición e devolveuno á Arxentina ao finalizar a guerra<ref>[http://www.elmundo.es/especiales/2002/03/internacional/malvinas/herren/llegola.html Malvinas, 20 años después, por Ricardo Herren, El Mundo, Madrid, 2002]</ref>.
 
=== A vida de Astiz unha vez finalizada a ditadura ===
 
Máis aló das contraditorias consecuencias que para a súa liberdade tiveron os diferentes xuízos por delitos de lesa humanidade que se lle seguiron, unha vez terminada a ditadura Alfredo Astiz simbolizou paradigmáticamente as aberracións cometidas durante a [[guerra sucia enna Arxentina]] e adoita sufrir agresións de diverso tipo as poucas veces que aparece en lugares públicos.
 
A xornalista arxentina [[Gabriela Cerruti]] realizoulle unha histórica reportaxe na que dixo, entre outras cousas:
{{Cita|Yo digo que a mí la Armada me enseñó a destruir. No me enseñaron a construir, me enseñaron a destruir. Sé poner minas y bombas, sé infiltrarme, sé desarmar una organización, sé matar. Todo eso lo sé hacer bien. Yo digo siempre: soy bruto, pero tuve un solo acto de lucidez en mi vida, que fue meterme en la Armada.<ref>[http://www.ser2000.org/protect/docs-sobresalientes/astiz.htm ''El asesino está entre nosotros''; Gabriela Cerrutti, Revista Trespuntos (Director: Héctor Timerman), Bos Aires, 14 de xaneiro de 1998]</ref>.}}
 
== Xuízos ==
A causa penal contra Astiz pola desaparición de Dagmar Hagelin foi pechada en [[1986]] por considerar que a causa había [[prescrición|prescripto]].
 
Pouco despois, as presións militares levaron a sancionar as leis de [[Lei de Punto Final|Punto Final]] e [[Lei de Obediencia Debida|Obediencia Debida]] que cancelaron a maioría dos xuízos por [[crime de lesa humanidade|crimes de lesa humanidade]] acontecidos durante a [[guerra sucia enna Arxentina]].
 
Ante a impunidade establecida na Arxentina para xulgar a Astiz, Francia xulgouno en ausencia en [[1990]] condenándoo a [[prisión perpetua]], polo secuestro e o asasinato de [[Alice Domon]] e [[Léonie Duquet]]. A partir dese momento Astiz nunca máis puido saír da Arxentina pois podía ser inmediatamente detido e enviado a Francia para cumprir a súa condena.
Liña 72:
Actualmente, o errado militar e exitoso represor Alfredo Astiz padece dun cancro de páncreas.
 
== Notas ==
{{Listaref|1}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro
| autor = Verbitsky, Horacio
Liña 84:
}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Guerra sucia enna Arxentina]]
* [[Nunca Más]]
* [[Dereitos humanos]]
 
{{ORDENAR:Astiz, Alfredo}}