Soberanía popular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 18 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q285950
m de Arxentina]] -> da Arxentina]]; cambios estética
Liña 1:
O termo '''soberanía popular''' acuñouse fronte ao de [[soberanía nacional]], que se interpretaba dunha forma restritiva como a [[soberanía]] residente na [[nación]], termo de difícil definición que pode identificarse con máis dificultade e restrinxirse na súa representación efectiva ás capas máis elevadas da sociedade ([[sufraxio censatario]]); mentres que o principio da soberanía popular fai residir a soberanía no [[pobo]], que estaría formado pola totalidade do corpo social, en especial polos máis humildes (a clase baixa, traballadora), e que só podería expresarse mediante o [[sufraxio universal]]. '''A Soberanía popular sostiña a participación de todos os cidadáns homes na vida política mediante o sufraxio universal.'''
 
A [[Constitución francesa de 1793]] foi o primeiro texto legal que estabeleceu que ''"a soberanía reside no pobo..."''. [[Jean Jacques Rousseau]], en [[O contrato social]], atribúe a cada membro do Estado unha parte igual da que denomina a ''"autoridade soberana"''. Esta é probábelmente a primeira referencia teórica sobre a soberanía popular.
 
De acordo coas diversas teses mantidas até agora, pódese definir que ''"a residencia legal e efectiva do poder de mando dun conxunto social encóntrase e exércese en e pola universalidade dos cidadáns''", e particularmente nos Estados democráticos. Así o [[sufraxio universal]] convértese nun [[dereito fundamental]] e a [[cidadán|condición cidadá]] é igual para todos con independencia de calquera outra consideración, agás as limitacións de idade ou xuízo.
 
A [[constitución deda Arxentina]] inclúe dende 1853 o "principio da Soberanía do Pobo" no seu artigo 33, considerándoo, xunto á ''forma republicana de goberno'', como fundamento dos dereitos e garantías constitucionais.
 
{{cita|'''Art. 33.-''' As declaracións, dereitos e garantías que enumera a Constitución, non serán entendidos como negación doutros dereitos e garantías non enumeradas; pero que nacen do principio da Soberanía do Pobo e da Forma Republicana de Goberno.}}