Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxo nos parámetros das referencias
Liña 298:
:''Artigo principal:'' '''[[Economía de Francia#Sector primario|Sector primario de Francia]]'''
 
[[Ficheiro:Épône - récolte du maïs01.jpg|miniatura|O cultivo de [[cereal|cereais]] tivo unha facturación de 10 mil millóns de euros en [[2000]].]]
 
As principais actividades do [[sector primario]] son a [[agricultura]], a [[pesca]], a [[silvicultura|explotación forestal]], a [[explotación mineira]] e a [[gandería]].
Liña 304:
Cun 23% da produción agrícola europea ([[1999]]), Francia é o principal produtor agrícola da [[Unión Europea]]<ref>http://www.diplomatie.gouv.fr/fr/france_829/decouvrir-france_4177/france-a-z_2259/economie_2624/les-grands-secteurs-economiques_5945.html ''Les grands secteurs économiques'' Os grandes sectores económicos Ministerio francés de asuntos exteriores</ref>. Os seus principais competidores son [[Italia]] (15,4%) e [[Alemaña]] (15,2%). Os produtos máis importantes do sector agrícola galo son os [[cereal|cereais]] ([[millo]] e [[trigo]]), o [[azucre]], o [[viño]], os [[produtos lácteos]], as [[froita]]s, os [[legume]]s e os produtos cárnicos.
 
En termos de produción, o [[gando]], con 11,9 mil millóns de euros en valor no ano [[2000]], atópase á cabeza en canto a ganancias, por diante dos [[cereais]] (1000010 000 millóns para 66 millóns de toneladas) e o [[viño]] (8,9 mil millóns de euros). Con 22,6 mil millóns de litros en [[2000]], a produción leiteira de Francia, malia recuar fronte as cifras do ano [[1990]], representa unha quinta parte do total europeo. A produción agrícola tamén se atopa detrás dun importante sector de industrias de procesamento de alimentos que, no ano [[1999]], abranguía un total de 3.000 empresas que empregaban a 370.000 traballadores, dos cales 122.000 adicábanse á industria dos [[carne|produtos cárnicos]].
 
Malia representar unha pequena porcentaxe do sector primario europeo e mundial, o sector pesqueiro galo captura 643.000 toneladas de peixe (2003), ocupando o 3º posto europeo en número de capturas por detrás de [[Dinamarca]] e [[España]]. En euros, o país ten un volume de capturas por valor de 1,144 billóns de euros (2003).