Guillerme II de Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Aa]ño[ ]*= +|ano=)
m *Sudáfrica -> Suráfrica
Liña 118:
=== Expansión naval ===
[[Ficheiro:Wilhelm II AEHering.jpg|miniatura|Guillerme II.]]
Unha armada poderosa era o principal proxecto de Guillerme II. herdara da súa nai o amor pola [[Royal Navy]] británica (a máis poderosa do mundo) e certa vez confesou ao seu tío [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]] que o seu soño era ter «unha flota propia algún día», como os británicos. Guillerme II sentíase frustrado debido a que a flota alemá era escasa en comparación coa británica, así como pola súa incapacidade de exercer unha influencia alemá en [[SudáfricaSuráfrica]]. Logo do escándalo do «telegrama Kruger», Guillerme II comezou a emprender accións para iniciar a construción dunha flota que puidese rivalizar coa dos seus curmáns británicos. Guillerme II tivo a fortuna de chamar ao seu servizo ao dinámico oficial de Mariña [[Alfred von Tirpitz]], a quen designou comandante xeral da Oficina Naval do Reich en [[1897]].
 
O novo almirante concibira o que máis tarde sería coñecido como o «plan Tirpitz», por medio do cal Alemaña podería forzar a Gran Bretaña a acceder ás súas demandas no ámbito internacional a través da ameaza dunha flota poderosa concentrada no [[Mar do Norte]]. Tirpitz gozaba do total apoio de Guillerme II nos orzamentos navais sucesivos de [[1897]] e [[1900]], por medio dos cales a armada alemá reforzábase para contender coa británica. A expansión naval nese período eventualmente causou en Alemaña severas crises financeiras para [[1914]]. Guillerme II enfocouse na construción de acoirazados de gran tamaño.