Taurotragus oryx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
m *Sudáfrica -> Suráfrica; cambios estética
Liña 51:
* Coloración xeral: parda amarelada pálida, que se vai volvendo máis agrisada ou azulada coa idade, agás na parte inferior das patas. Os flancos teñen coloración uniforme ou lixeiramente raiada con listas verticais. O macho ten unha pelaxe máis gris que a femia, que é de cor máis beixe.
 
== Taxonomía ==
A especie ''Taurotragus oryx'' foi descrita por primeira vez en [[1799]] polo [[médico]], [[zoólogo]] e [[botánico]] [[Alemaña|alemán]], [[Peter Simon Pallas]] na páxina 9 da súa obra ''Miscellanea zoologica, quibus novæ imprimis atque obscuræ animalum species describuntur et observationibus iconibusque illustrantur'' publicada na [[A Haia|Haia]].
 
Liña 74:
[[Ficheiro:Taurotragus oryx distribution.png|miniatura|250px|Distribución de ''Taurotragus oryx''.]]
 
Antigamente o elán común encontrábase ao longo das sabanas e os bosques abertos toda a [[África oriental]] e [[África do Sur|meridional]], estendéndose tamén polos pasteiros de altura e as sabanas áridas e as matogueiras do [[Kalahari]] e de [[Karoo]], en [[SudáfricaSuráfrica]]. Pero hoxe desapareceu de máis da metade da súa antiga área de dispersión debido á expansión das poboacións humanas, e o número de individuos diminuiu considerabelmente desde os anos [[1970]] como resultado das guerras civís e as súas secuelas en países como [[Uganda]], [[Ruanda]], [[Angola]] e [[Mozambique]]. Agora está extinto en [[Burundi]] (e probabelmente en Angola).<br>Porén, foi reintroducido en gran número facendas e ranchos privados en África meridional (particularmente en SudáfricaSuráfrica), e isto contribuiu á recuperación das sús poboacións. Ademais, foi introducido amplamente tamén fóra da súa área de distribución natural; por exemplo, aínda que a súa área de distribución natural en [[Namibia]] estaba restrinxida ao noreste do país, agora tamén abundan en facendas e ranchos nas partes central e meridional.<ref name=U/>
 
=== Costumes ===
O elán é un animal gregario e forma pequenos rabaños de 20 a 70 individuos, ás veces até 200
e, ocasionalmente, considerabelmente maiores, durante as [[migración animal|migracións]] ou en períodos de extremada seca. Estas mandas van dirixidas por un macho dominante. Ás veces pódense reunir con antílopes equinos (''[[Hippotragus equinus]]''), órix do Cabo (''[[Oryx gazella]]''), [[cebra]]s, [[ñu]]s, [[impala]]s, [[gacela]]s e [[avestruz|avestruces]]. Os machos vellos son a miúdo solitarios. A súa capacidade para saltar (até 2,50 m aproximadamente) é unha caractarística inesperada nun antílope tan pesado; incluso pode saltar un por riba doutro, partindo case do repouso. Os eláns son animais diúrnos, pero tenden a permanecer case inactivos durante as horas máis calorosas do día. Realizan desprazamentos a gransdes distancias en todas as estacións, pero sobre todo nas épocas de seca,<ref name=DD/>
 
=== Sentidos ===
Os eláns posúen excelentes sentidos do oído e do olfacto, pero a visión binocular parece pobre, en beneficio dun campo de visión máis amplo.<ref name=DD/>
 
Liña 97:
O elán común foi cazado históricamente, e segue a selo, pola súa carne, que é de moi boa cualidade, por deporte e para outros propósitos, como a pel.
 
Debido á súa docilidade e escasa agresividade foi objxecto de investigacións para lograr a súa [[domesticación]],<ref name=R>Rafferty, John P., ed. (2010): "Elands, Antelopes", en: [http://books.google.co.in/books?id=m-zX8zBKogAC&pg=PA77#v=onepage&q&f=false ''Grazers''] 1ª ed. New York, NY: Britannica Educational Pub. pp. 77–78. ISBN 978-1-61530-465-3.</ref> para aprovbeiktar a súa carne, leite e pel, o que se ralizou con relativo éxito en [[Ucraína]] e o sur de [[Rusia]] (desde 1892) e en [[SudáfricaSuráfrica]] e [[Zimbabue]] en tempos máis recentes.<ref name=U/> <ref name=R/> No Parque Zoolóxico de Askanian Nova en Ucríana, entre outros lugares, estudouse a súa mellora. O seu éxito reprodutivo ofrecería unha nova especie particularmente ben adaptada ás enfermidades e ao clima do continente africano.
 
A súa necesidade de auga é moi baixa, porque producen unha [[urina]] cun alto contido en[[urea]], pero requiren unha considerábel área de pastoreo, xunto con sales minerais e grandes cantidades de alimentos complementarios como [[millo]], [[sorgo]], [[melón]]s e [[Vicia faba|fabafabas]]s, que poden resultar de elevado custe. Unha femia pode producir até 7 kg de leite ao día, leite de agradábel sabor e que é máis rico en [[graxa]] de vaca e, por riba, pode almacenarse até durante oito meses, se se prepara debidamente, contra varios días para o leite de vaca.<ref> Pappas, Lindsay A. (2002). [http://www.science.smith.edu/msi/pdf/689_Taurotragus_oryx.pdf "Taurotragus oryx"]. ''Mammalian Species'' '''689''': 1–5.</ref>
 
== Poboación e estaus ==
A maior ameaza para o elán común é a expansión dos asentamentos humanos, coa subseguinte perda do seu hábitat, e a caza furtiva pola súa carne.<br>Citando a varios autores, East (1999) indicou que a densidade de poboación estimadas, obtidas por recontos aéreos en áreas onde a especie é moderadamente común xeralmente oscilan entre 0,05 e 0,4 animais/km². Estimacións máis altas (de 0,6 a 1,0 individuos/km²) foron obtidas por outrios recontos aéreos. Estudos en terra en áreas onde a especie é común produciron estimacións de densidades similares.<br>East (1999) calculou unha estimación da poboación total de 136.000 individuos, con poboacións estábel ou aumentando en [[Namibia]], [[Botswana]], [[Zimbabue]], [[SudáfricaSuráfrica]], [[Malaui]] e posibelmente [[Tanzania]]. A tendencia da poboación varía no sentido de aumentar a diminuír segundo as zonas, adoitando aumentar en terreos privados e diminuír notras áreas.<ref name=U/>
 
En consecuencia, a [[UICN]] cualificou o estado de conervación da especie como ''LC'' (pouco preocupante).</ref name=U/>
Liña 117:
* Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): ''A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar''. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-0021-9778-2.
* Kowalski, Kazimierz (1981): ''Mamíferos. Manual de teriología''. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
* Nowak, R. (1991): ''Walker's Mammals of the World''.Vol. 2. Baltimore, Maryland. EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8
* Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): ''Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
 
Liña 128:
 
=== Ligazóns externas ===
 
 
[[Categoría:Bóvidos]]