Xenocidio armenio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Trabzon* -> Trebisonda
Liña 38:
En [[febreiro]] de [[1915]], o comité central do partido e os ministros de guerra do gabinete, Talat e Enver, prepararon secretamente un plano de destrución que será executado nos meses seguintes. É presentado oficialmente como un traslado da cidadanía armenia -que o goberno acusa de colaborar co inimigo ruso- lonxe da fronte. De feito, a deportación é tan só a máscara que cobre unha operación de aniquilamento de tódolos armenios do Imperio, como proba o exame dos feitos.
 
A primeira medida é o desarme dos soldados armenios enrolados no exército otomán. Son empregados en traballos de servizo de vías públicas ou de transporte e, no curso do ano [[1915]], eliminados en pequenos grupos. Despois os [[Mozos Turcos]], na pescuda de probas dun complot armenio, proceden a perseguir e arrestar en primeiro lugar ós notables de [[Constantinopla]], ordenadas o 24 e 25 de abril. De tal xeito truncábase o progreso artístico, cultural e intelectual do pobo armenio. A destrución das poboacións armenias é operada en dúas fases sucesivas: de [[maio]] a [[xullo]] de 1915 nas sete provincias orientais de [[Anatolia]] ([[Erzurum]], [[Van, Turquía|Van]], [[Bitlis]], [[Diyarbakır]], [[Karput]], [[Sivas]], [[TrabzonTrebisonda]]) onde viven preto dun millón de armenios, e que están máis ou menos próximos ó escenario da guerra; logo, a finais de 1915, noutras provincias do Imperio afastadas da fronte (o que quita toda a verosimilitude á acusación de colaboración co inimigo).
 
Nas provincias orientais, as operacións desenvólvense do mesmo xeito. As secuencias ocorren sistematicamente en cidades e vilas:
Liña 112:
[[Ficheiro:They Shall Not Perish.png|210px|miniatura|Os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] contribuíron axudando ós armenios durante o Xenocidio armenio. Móstrase aquí un cartel do ''American Committee for Relief in the Near East'' que di que eles (os armenios) "non morrerán"]][[Ficheiro:NY_Times_Armenian_genocide.jpg|210px|miniatura|Artigo do [[New York Times]] datado do 15 de decembro de 1915 aclarando que preto de un millón de armenios foron deliberadamente expostos á morte polo Imperio Otomán]][[Ficheiro:World War I- Near East Relief Workers - memory.loc.gov.png|210px|miniatura|Traballadores da ''American Committee for Relief in the Near East'' en [[Sivas]]]]
 
A través do [[Imperio Otomán]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] estableceran consulados en [[Adrianópole]], [[Karput]], [[Samsun]], [[SmyrnaEsmirna]], [[TrabzonTrebisonda]], [[Van, Turquía|Van]], así como un na cidade siria de [[Alepo]]. A misión do departamento de estado foi dirixida nese entón polo embaixador [[Henry Morgenthau]] en Constantinopla. Os Estados Unidos foron oficialmente neutrais na guerra até que entraron do bando dos aliados en [[1917]]. Mentres as ordes das deportacións e dos masacres eran decretadas, moitos funcionarios consulares divulgaron ó embaixador o que eles testemuñaban. Unha documentación chegou en [[setembro]] de [[1915]] polo cónsul americano en [[Karput]], Leslie A. Davis que describía o seu descubrimento dos corpos de case 10.000 armenios tirados en varios barrancos preto do lago Göeljuk, despois referida como a "provincia do matanza"<ref>Balakian. ''Burning Tigris'', pp. 244–245, 314</ref>
 
Reportaxes similares pronto comezaron a chegar a [[Henry Morgenthau]] dende [[Alepo]] e [[Van, Turquía|Van]], polo que comezou a celebrar reunións ocasionais con Talat e Enver. Como el mostroulle as testemuñas dos consulados, ambos xustificaron as deportacións como necesarias para a causa da guerra. Morgenthau porén disputaría as súas explicacións nas súas lembranzas como escusas evocadas polos líderes do CUP.<ref>Nas súas lembranzas, Morgenthau observou "cando as autoridades turcas deron as ordes para estas deportacións, eles daban simplemente a autorización de morte a unha raza enteira; entendíano ben, e, nas súas conversacións comigo, non fixeron ningunha tentativa de cubrir tal feito. Son confidente que a historia enteira da raza humana non contén ningún episodio tan horrible como este. As grandes matanzas e persecucións do pasado parecen case insignificantes cando se comparan ós sufrimentos da raza armenia en 1915."</ref>
Liña 159:
:''Turquía declara recoñecer, como xa fixeron as potencias aliadas, a Armenia como un Estado ceibe e independente.''
 
:''Turquía e Armenia, así como as altas partes contratantes, deciden someter á arbitraxe do Presidente dos Estados Unidos de América, a determinación da fronteira entre Turquía e Armenia, nas vilas de [[Erzurum]], [[TrabzonTrebisonda]], [[Van, Turquía|Van]] e [[Bitlis]], e aceptar a súa decisión, así como todas as disposicións que poderá prescribir respecto ó acceso de todo territorio otomán adxacente..''
 
O mandato de execución das disposicións relativas á Répública Armenia foi confiado ós [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Ó seu retorno, o presidente [[Woodrow Wilson]] atopouse a oposición dunha maioría de senadores que, baixo o impulso do senador Cabot Lodge, rexeitaron a ratificación do Tratado de Sèvres e por tanto, o mandato americano sobre [[Armenia]].