Voivodina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 75:
Entre [[1282]] e [[1316]] o rei serbio [[Stefan Dragutin]] gobernou o reino de Syrmia, que constistía nas partes setentrionais de Serbia, [[Mačva]], [[Usora]] e [[Soli]], e a súa sede foi fixada na cidade de [[Debrc]]. O seu reino atopábase na Baixa Syrmia (actualmente [[Mačva]]), mentres que outro líder local, [[Ugrin Čak]], rexeu a Alta Syrmia (actualmente [[Syrmia]]), [[Eslavonia]] e [[Bačka]], con capital en [[Ilok]]. En principio Stefan Dragutin era vasalo do rey húngaro, pero desde a caída do poder central dese reino, produciuse a independencia ''de facto'' dos dous reinos de Syrmia. Stefan Dragutin morreu en [[1316]] e foi remprazado polo seu fillo [[Vladislav II]] entre os anos [[1316]] e [[1325]], mentres que Ugrin Čak morreu en [[1311]]. Vladislav II foi vencido polo rei de Serbia [[Stefan Dečanski]] en 1324, tras o cal, a Baixa Syrmia pasou a ser disputada entre os reino serbio e o húngaro.
 
Despois da conquista de Serbia polos otomanosotománs en [[1459]], déspotas serbios rexeron zonas da Voivodina como vasalos dos reis húngaros. A sede estaba fixada en [[Kupinik]] (hoxe en día [[Kupinovo]]) en Syrmia.
 
Tras a [[batalla de Mohács]] e a caída do reino de Hungría en mans otomanas, a rexión sumiuse nun preríodo de anarquía e guerras civís. En [[1526]] o emperador [[Jovan Nenad]], líder dos mercenarios serbios, estableceu o seu poder en Bačka, o norte do Banato e unha pequena parte de Syrmia. Creou un estado independente efémero, con capital en [[Subotica]]. Jovan Nenad aproveitou a situación para proclamarse emperador serbio, coa vantaxe da confusión política e militar que había daquela. A nobeza húngara uniuse ás forzas contrarias ao emperador e venceron ás tropas serbias no verán de [[1527]]. O emperador foi asasinado e o estado desapareceu. Unhas décadas máis tarde a rexión pasou a formar parte do [[Imperio Otomán]], que gobernou a zona ata fins do s.XVII e primeiros do s.XVIII cando pasou a ser dependencia dos Habsburgo.