Desembarco de Alhucemas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Landing of Alhucemas.jpg|miniatura|300px|Desembarco loxístico na praia de Morro Nuevo.]]
O '''desembarco de Alhucemas'''<ref>''[[Diciopedia do século 21]]'' (2006): '''Alhucemas, desembarco de''': Operación militar conxunta franco-española (1925), na baía homónima da costa setentrional de Marrocos, durante a campaña contra [[Abd el-Krim]].</ref> foi un [[desembarco militar]] levado a cabo o [[8 de setembro]] de [[1925]] na [[baía de Alhucemas]] polo [[Exército español|exército]] e a [[Armada Española|Armada]] [[España|españolas]] e, en menor medida, un continxente aliado francés, que propiciou o fin da [[Guerra do Rif]], considéraselle o primeiro desembarco aeronaval da historia mundial.
 
A operación consistiu no desembarco dun continxente de 13.000 soldados españois<ref>Octavio Aláez Rodríguez, (1972). "La lección logística de Alhucemas". ''Revista General de Marina'', pp. 570</ref> transportados desde [[Ceuta]] e [[Melilla]] pola Armada combinada hispano-francesa. A operación tivo como comandante en xefe ao entón "Director Militar" de [[España]], xeneral [[Miguel Primo de Rivera]], e como xefe executivo das forzas de desembarco nas praias da baía de Alhucemas ao [[José Sanjurjo Sacanell|xeneral Sanjurjo]], a cuxas ordes estaban as columnas dos xenerais xefes das brigadas de Ceuta e Melilla, [[Leopoldo Saro Marín]] e [[Emilio Fernández Pérez]], respectivamente. Entre os xefes participantes na acción atopábase o entón [[coronel]] [[Francisco Franco]], quen pola súa actuación á fronte das tropas da [[Lexión Española|Lexión]] foi ascendido a [[xeneral de brigada]]. O xeneral estadounidense [[Dwight Eisenhower]] anos despois estudou a fondo a táctica empregada polos españois en Alhucemas para trazar o plan do [[desembarco de Normandía]].
Liña 7:
 
==Notas==
{{listarefListaref}}
 
==Véxase tamén==