Peto negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Xoacas (conversa | contribucións)
Liña 57:
 
== Alimentación ==
A base da alimentación dos petos negros son os insectos, principalmente as [[formiga]]s. O volume de alimento vexetal na súa dieta, principalmente froitas, [[baga]]s e sementes de coníferas, é pouco significativa. As presas máis habituais dos petos negros son os insectos de tamaño meirande coma [[imago]]s, [[larva]]s e [[pupa]]s de formigas dos xéneros ''[[Camponotus]]'' , ''Formica'' , ''Lasius'' e ''Myrmica''. A presenza de formigas na súa dieta pode chegar, con variacións anuais, ata máis do 90% do total. As formigas, singularmente as do xénero ''Camponotus'', son tamén a base da alimentación dos polos. <ref> Gorman (2004) p. 86 </ref> Diversos tipos de [[escaravello]]s forman tamén unha parte significativa da súa alimentación. E outras especies de insectos coma a avéspora ''Urocerus gigas'' poden ser presas habituais cando abundan moito. Raras veces se atopan restos de dípteros, bolboretas, arañas ou pequenos caracois nos exames alimenticios feitas a exemplares da especie. Excepcionalmente capturan vertebrados, coma tritóns, polo se ovos doutras aves.
 
=== Obtención da comida ===