Diferenzas entre revisións de «Almiscre»

m
 
== Compostos artificiais ==
Dado que obter almiscre require matar o [[Especies ameazadas|animais en extinción]], case toda a fragrancia usada en perfumaría actualmente é sintética. Chamada ás veces "almiscre branco", poden dividirse en tres clases principais: nitroaromáticos, policíclicos e macrocíclicos<ref name=Rimkus/>. Os primeiros dous grupos teñen usos xerais na industria que varían dende [[cosméticos]] a [[deterxente]]s. Por exemplo, o galaxólido úsase para enmascarar o cheiro dos produtos químicos dos deterxentes. Tamén é o composto aromático responsable de darlle á roupa lavada o "aroma limpo" que os consumidores esperan e demandan. Con todo, a súa detección en mostras humanas e ambientais, así como as súas propiedades [[carcinóxeno|carcinóxenas]] iniciou un debate público sobre a utilización destes compostos así como a prohibición ou redución da súa utilización en moitas rexións do mundo. Espérase que os substitutos sexan os almiscres macrocíclicos, xa que parecen ser máis seguros<ref Name=Rimkus/>.
 
== Imaxes das fontes do almiscre ==
191.146

edicións