Xoán II de Aragón: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxo de parámetros nas referencias |
m refs |
||
Liña 40:
En [[1419]] contraeu matrimonio con [[Branca I de Navarra|Branca]], filla do rei navarro [[Carlos III de Navarra|Carlos III o Nobre]], e viúva de [[Martín o Mozo]].
Á morte de [[Carlos III de Navarra|Carlos III]] en [[1425]], a súa filla Branca e o infante Xoán foron proclamados conxuntamente reis de Navarra. Nese mesmo ano, o día [[29 de novembro]] foi investido [[condado de Ribagorza|conde de Ribagorza]] en [[Valencia]].<ref>{{cita web |url=http://www.iea.es/_docum/77_OTP_Historia_del_condado_de_Ribagorza.pdf |título=Historia del condado de Ribagorza |dataacceso=3 de novembro
No verán de [[1429]], para favorecer os intereses dos seus irmáns os [[Infantes de Aragón]], Xoán invadiu Castela polo val do [[Henares]]. Cando ía suscitar batalla preto de [[Jadraque]], a intervención da súa irmá [[María de Aragón, raíña de Castela|María]], esposa de Xoán II de Castela, determinou o fin da expedición e, a longo prazo, a perda daquela guerra ao ano seguinte.
Liña 58:
En [[1454]], Xoán II, foi nomeado polo seu irmán Afonso V lugartenente de [[Aragón]] e [[Cataluña]], mentres este gobernaba o reino desde o sur de Italia e Sicilia. En Cataluña, en concreto, o novo lugartenente mostrouse partidario de apoiar aos grupos menos favorecidos, os campesiños e os menestreis, dado que estes sectores da poboación compartían inimigos coa súa autoridade: os nobres laicos e eclesiásticos e os altos oligarcas urbanos que controlaban as institucións e discutían o poder real.<ref name="José Luis Martín">[[José Luis Martín|MARTIN, José Luis]]: ''Enrique IV de Castilla: Rey de Castilla, Príncipe de Cataluña'', Hondarribia, 2003, 1a edición, ISBN 84-89569-82-7, pag. 114)</ref>
Catro anos máis tarde produciuse a morte de Afonso, quen carecía de herdeiros directos e Xoán sucedeulle no trono de [[Aragón]], aínda que se viu obrigado a entregar ao seu fillo Carlos o goberno de Cataluña. O [[25 de xullo]] de [[1458]] outorgou ao seu fillo [[Fernando II de Aragón|Fernando]] o título de [[ducado de Montblanc|duque de Montblanc]] e de [[condado de Ribagorza|conde de Ribagorza]] co señorío da cidade de Balaguer.<ref>{{cita web |url=http://www.iea.es/_docum/77_OTP_Historia_del_condado_de_Ribagorza.pdf |título=Historia del condado de Ribagorza |dataacceso=3 de novembro
En [[1460]], Carlos de Viana é arrestado por orde do seu pai, o cal foi aproveitado polos sectores contrarios ao poder real para iniciar un conflito civil en terras catalás. [[A Biga e a Busca|A Biga]], as oligarquías urbanas, a nobreza e unha gran parte da xerarquía eclesiástica catalá alzáronse contra o monarca.<ref name="Yolanda Guerrero Navarrete">[[Yolanda Guerrero Navarrete|HERRERO NAVARRETE, Yolanda]]: ''La configuración de los reinos hispánicos (s. XIII-XV)'', 1a edición, ISBN 84-79822-514-0, pag. 32)</ref> As Cortes, reunidas en Lleida en [[1460]], pediron a Xoán II que liberase ao seu fillo e obrigáronlle a acatar en [[1461]] a [[Capitulación de Villafranca do Penedés]], onde se lle prohibiu entrar en Cataluña sen permiso das institucións locais e limitábase notablemente a súa autoridade real (a xefatura administrativa e o poder executivo -en ausencia do soberano- quedarían en mans de Carlos de Viana, aínda que na práctica quen gobernaría sería a [[Xeneralidade de Cataluña|Xeneralidade]]). En [[1461]], o monarca recoñece abertamente a lexitimidade da súa primoxénito, pero dunha forma ambigua que se presta a posibles revogacións.<ref name="Francisco Javier Fernández Conde">[[Francisco Javier Fernández Conde|FERNÁNDEZ CONDE, Francisco Javier]]: ''La España de los siglos XIII ak XV)'', San Sebastián, 1995, 2a edición (2004), ISBN 84-86763-55-X, pag. 134)</ref>
|