Salmonella enterica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 27:
 
== Nomenclatura ==
''Salmonella enterica'' está subdividida en 6 [[subespecie]]s, e cada subespecie comprende varios [[serovar]]es, que difiren na súa especificidade [[antíxeno|antixénica]].<ref>http://www.textbookofbacteriology.net/salmonella.html</ref> Coñécense uns 2.500 serovares de ''S. enterica''.<ref>{{Cita libro |title=Medical Microbiology |edition=6th |page=307 |year=2009 |location=Philadelphia, PA |publisher=Mosby Elsevier |author8=Murray PR, Rosenthal KS, Pfaller MA}}</ref> Outra especie do xénero ''[[Salmonella]]'', ''[[Salmonella bongori]]'', adoitaba antes considerarse unha subespecie de ''S. enterica'', pero actualmente ten a categoría de especie. A maioría dos serovares patoxénicos humanos de ''Salmonella'' pertencen á subespecie [[Salmonella enterica subsp. enterica|''Salmonella enterica'' subsp. ''enterica'']]. Entre os serogrupos desta subespecie están ''Salmonella'' Typhi, ''Salmonella'' Enteritidis, ''Salmonella'' Paratyphi, ''Salmonella'' Typhimurium, e ''Salmonella'' Choleraesuis. Os serovares escríbense con maiúscula e non en cursiva na nomenclatura actual, e pode escribirse o seu nome curto (como o indicado antes) ou o seu nome completo, que sería, por exemplo, "''Salmonella enterica'' subsp. ''enterica'', serovar Typhi."<ref>{{citeCita journalpublicación periódica | pmid = 15653929 | doi=10.1099/ijs.0.63579-0 | volume=55 | issue=Pt 1 | title=The type species of the genus Salmonella Lignieres 1900 is Salmonella enterica (ex Kauffmann and Edwards 1952) Le Minor and Popoff 1987, with the type strain LT2T, and conservation of the epithet enterica in Salmonella enterica over all earlier epithets that may be applied to this species. Opinion 80 |date=January 2005 | journal=Int. J. Syst. Evol. Microbiol. | pages=519–20}}</ref><ref>{{citeCita journalpublicación periódica | pmid = 15653930 | doi=10.1099/ijs.0.63580-0 | volume=55 | issue=Pt 1 | title=Nomenclature and taxonomy of the genus Salmonella |date=January 2005 | journal=Int. J. Syst. Evol. Microbiol. | pages=521–4 | author=Tindall BJ, Grimont PA, Garrity GM, Euz&eacute;by JP}}</ref>
 
Na nomenclatura tradicional escribíase ''Salmonella typhi'', ''Salmonella typhimurium'' etc., escribindo os serovares como especies.<ref>Segundo a resolución da Opinión xudicial 80 da Comisión Xudicial sobre nomenclartura das bacterias no punto 5: "Os nomes ''Salmonella choleraesuis'', ''Salmonella enteritidis'', ''Salmonella paratyphi'', ''Salmonella typhi'', e ''Salmonella typhimurium'' non están incluídas na lista de ''epitheta specifica conservanda'' (epítetos específicos conservados nos nomes de especies de bacterias)." (Cita orixinal: "The names ''Salmonella choleraesuis'', ''Salmonella enteritidis'', ''Salmonella paratyphi'', ''Salmonella typhi'', and ''Salmonella typhimurium'' are not included in the list of ''epitheta specifica conservanda'' (conserved specific epithets in names of species of bacteria)." ) [http://www.bacterio.net/-salmonellanom.html LPSN]</ref>
Liña 34:
{{Artigo principal|Salmonelose}}
 
A maioría dos casos de salmonelose están causados por inxestión de comida contaminada con ''S. enterica''. A bacteria infecta a miúdo a vacas e aves, pero tamén a outros animais domésticos <ref>http://www.foodpoisoningnews.com/food-poisoning-faqs/ Food Poisoning News</ref><ref>{{citeCita journalpublicación periódica | volume=356 | pages=21&ndash;28 | year=2007 | issue=1 | title=Multidrug-resistant ''Salmonella enterica'' serotype Typhimurium associated with pet rodents | author=Swanson SJ, Snider C, Braden CR, ''et al.'' | url=http://content.nejm.org/cgi/content/short/356/1/21 | pmid=17202452 | doi=10.1056/NEJMoa060465 | journal=New England Journal of Medicine }}</ref> e aos humanos. Demostrouse tamén que as bolsas de po de [[aspiradora]] utilizadas nas casas poden actuar como reservorios, sobre todo se a persoa que usou a aspiradora estivo en contacto con fontes de infección, por exemplo ao traballar con gando ou nunha clínica veterinaria.
 
Os ovos de galiña e de ganso crus poden albergar ''S. enterica'', inicialmente nas claras. Cando o ovo está uns días á temperatura dunha habitación, a membrana da xema do ovo empeza a romper e ''S. enterica'' pode pasar á xema. A refrixeración ou a conxelación non matan todas as bacterias, pero reducen substancialmente ou deteñen o seu crecemento. A [[pasteurización]] ou a [[irradiación dos alimentos]] matan as ''Salmonella'' e utilízanse para a comercialización de produtos que conteñen ovo cru como os xeados. Os alimentos preparados en casa que conteñen ovos crus, como a maionesa, pasteliños e galletas poden espallar a salmonela se non se cocen suficientemente.