Mycobacterium leprae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 21:
Con microscopía óptica ''M. leprae'' aparece en grupos, en masas arredondadas de células, ou en grupos de bacilos juntos lado con lado. A célula mide de 1-8 [[micrómetro|μm]] de lonxitude e de 0,2-0,5 μm de diámetro.<ref>Thomas Shinnick, [http://www.springerlink.com/content/k01297w37556h271/ The Prokaryotes] 2006, PART B, 1, 934-944, {{doi|10.1007/0-387-30743-5_35}} </ref>
 
Descubriuna en 1873 o médico noruegués [[Gerhard Armauer Hansen]], que buscaba unha bacteria nos nódulos cutáneos dos pacientes de lepra.<ref name=Hansen_1874>{{citeCita journalpublicación periódica | author = Hansen GHA | title = Undersøgelser Angående Spedalskhedens Årsager (Investigations concerning the etiology of leprosy) | journal = Norsk Mag. Laegervidenskaben | year = 1874 | volume = 4| pages = 1–88 | language = Norwegian }}</ref><ref name=Irgens_2002>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Irgens L |title=The discovery of the leprosy bacillus |journal=Tidsskr nor Laegeforen |volume=122 |issue=7 |pages=708–9 |year=2002 |pmid=11998735}}</ref>
O organismo nunca puido ser cultivado con éxito nun [[medio de cultivo]] artificial.<ref name=Baron /> En vez diso, o que se fai é cultivala nas almofadiñas plantares dos ratos e máis recentemente en [[armadillo]]s de [[armadillo de nove bandas|nove bandas]] porque, igual que os humanos, eses animais son sensibles á lepra. Isto pode utilizarse como unha proba de diagnóstico sobre a presenza do bacilo da lepra en lesións corporais sospeitosas de pacientes humanos. A dificultade de cultivar o organismo parece deberse a que é un [[parasito intracelular obrigado]] que carece de moitos dos xenes necesarios para unha supervivencia independente. A súa complexa e rara parede celular con [[ácido micólico]], que a fai membro do xénero ''[[Mycobacterium]]'', é tamén o que fai que sexa tan difícil de destruír e aparentemente tamén é a razón do súa extremadamente lenta replicación.
 
Liña 28:
== Xenoma ==
 
''Mycobacterium leprae'' ten o tempo de duplicación (rapidez de división) maior de todas as bacterias e foi imposible cultivala no laboratorio.<ref name=Truman_2001>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Truman RW, Krahenbuhl JL |title=Viable M. leprae as a research reagent |journal=Int. J. Lepr. Other Mycobact. Dis. |volume=69 |issue=1 |pages=1–12 |year=2001 |pmid=11480310}}</ref> A comparación da secuencia do [[xenoma]] de ''M. leprae'' coa de ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'' dá unha explicación clara destas propiedades, e mostra un caso extremo de [[evolución]] redutiva. Menos da metade do seu xenoma contén [[xene]]s funcionais. A deleción e deterioración de xenes parece ter eliminado moitas actividades [[metabolismo|metabólicas]] importantes, incluíndo a produción de [[sideróforo]]s, parte da cadea oxidativa e a maior parte das cadeas [[cadea respiratoria|respiratorias]] [[respiración anaerobia|anaerobias]] e [[microaerófilo|microaerófilas]], e numerosos sistemas [[catabólico]]s e os seus circuítos regulatorios. <ref name=Cole_1998>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Cole ST, Brosch R, Parkhill J, ''et al.'' |title=Deciphering the biology of Mycobacterium tuberculosis from the complete genome sequence |journal=Nature |volume=393 |issue=6685 |pages=537–44 |year=1998 |pmid=9634230 |doi=10.1038/31159}}</ref>
 
Completouse recentemente a secuencia xenómica da cepa de ''M. leprae'' illada orixinalmente en [[Tamil Nadu]] e denominada ''TN''. A secuencia obtívose mediante unha estratexia combinada, empregando [[secuenciación do ADN|análises de secuencias de ADN]] automatizadas de [[cósmido]]s seleccionados e clons de "escopeta" de xenoma completo. Despois de finalizado este proceso, atopouse que a secuencia do [[xenoma]] contén 3.268.203 [[par de bases|parees de bases]] (bp), e ten un [[contido G+C]] medio do 57,8%, valores moito menores dos que se obtiveron para ''M. tuberculosis'', que son 4.441.529 bp e 65,6% G+C,. Uns 1500 xenes son comúns a ''M. leprae'' e ''M. tuberculosis''. A análise comparativa suxire que ambas as micobacterias derivan dun antepasado común e, nun estadio anterior tiveron unhas [[poza xénica|pozas xénicas]] de tamaño similar. Unha diminución de tamaño desde un xenoma de 4,42 Mbp, como o de ''M. tuberculosis'', a outro de 3,27 Mbp supón a perda de unhas 1200 secuencias codificantes de proteínas. Hai evidencias de que moitos dos xenes que estaban presentes no xenoma do antepasado común de ambas se perderon por recombinación no xenoma de ''M.leprae''. <ref name=Cole_2001>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Cole ST, Eiglmeier K, Parkhill J, ''et al.'' |title=Massive gene decay in the leprosy bacillus |journal=Nature |volume=409 |issue=6823 |pages=1007–11 |year=2001 |pmid=11234002 |doi=10.1038/35059006}}</ref>
 
A información sobre o xenoma completo pode ser útil para desenvolver novas probas cutáneas de diagnóstico, para comprender os mecanismos polos que se producen danos nos nervios e a resistencia a drogas e para identificar novas dianas de drogas para o deseño racional de novos réximes terapéuticos e drogas para tratar a lepra e as súas complicacións.