Ácido biliar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal
Liña 1:
[[Ficheiro:Cholic Acid vs Other Bile Acids gl.svg|miniatura|dereita|300px|Estrutura do ácido cólico mostrando as súas relacións con outros ácidos biliares.]]
Os '''ácidos biliares''' son ácidos derivados do [[colesterol]] que se encontran fundamentalmente na [[bile]] dos [[mamífero]]s. <ref>{{cite web|title=Bile Acids|url=http://ahdc.vet.cornell.edu/clinpath/modules/chem/bileacid.htm}}</ref> Teñen a capacidade de conxugarse con [[aminoácido]]s e combinarse con [[catión]]s, xeralmente o [[sodio]] (Na<sup>+</sup>) formando '''sales biliares'''. A principal función dos ácidos biliares e os seus sales é facilitar a formación de [[micela]]s, que facilitan o procesamento das graxas da dieta e a súa posterior absorción. <ref name=Hofmann>{{citeCita journalpublicación periódica | pmc = 289518 | doi = 10.1172/JCI104909 | title = The Intraluminal Phase of Fat Digestion in Man: The Lipid Content of the Micellar and Oil Phases of Intestinal Content Obtained during Fat Digestion and Absorption* | year = 1964 | last1 = Hofmann | first1 = Alan F. | last2 = Borgström | first2 = Bengt | journal = Journal of Clinical Investigation | volume = 43 | issue = 2 | pages = 247}}</ref> Teñen temén outras funcións como moléculas regulatorias.
 
Os ácidos biliares son fundamentalmente os ácidos [[ácido cólico|cólico]], [[ácido quenodesoxicólico|quenodesoxicólico]], [[ácido desoxicólico|desoxicólico]], [[ácido litocólico|litocólico]], e os seus derivados conxugados que forman sales, como o [[ácido taurocólico]] e o [[ácido glicocólico]] (derivados do ácido cólico), que supoñen o 8% do total de sales biliares, e outros sales.
Liña 44:
Ademais de emulsionar os lípidos formando [[micela]]s para facilitar a súa dixestión polos encimas dixestivos (lipases) e a súa absorción e paso aos vasos quilíferos da parede intestinal, os ácidos biliares tamén desempeñan outras funcións, como son: eliminar o colesterol do corpo, dirixir o fluxo de bile para eliminar catabolitos do fígado, emulsionar vitaminas liposolubles no intestino para que poidan ser absorbidas, axudar á redución da flora bacteriana que se encontra no intestino delgado e no tracto biliar, e funcionar como moléculas sinalizadoras a través do receptor [[FXR]] (e outros) que interveñen na [[homeostase]] da glicosa e lípidos.<ref name=Sintese>La página de Bioquímica médica [http://themedicalbiochemistrypage.org/es/bileacids-sp.php Ácidos biliares]</ref>
 
Os ácidos biliares poden ser vistos tamén como unha especie de hormonas esteroides, debido a esa capacidade de unirse ao [[receptor nuclear]] farnesoide [[FXR]], ou aos receptores de membrana TGR5 <ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Fiorucci|first=S|coauthors=Mencarelli, A, Palladino, G, Cipriani, S|title=Bile-acid-activated receptors: targeting TGR5 and farnesoid-X-receptor in lipid and glucose disorders|journal=Trends in pharmacological sciences|year=2009|volume=30|issue=11|pages=570–80|pmid=19758712|doi=10.1016/j.tips.2009.08.001}}</ref>.
 
A síntese de ácidos biliares é a principal ruta do metabolismo do colesterol na maioría das especies non humanas e nos humanos é unha ruta moi importante. O corpo humano produce uns 800 mg de colesterol ao día e aproximadamente a metade vai utilizarse para a síntese de ácidos biliares. En total segréganse arredor de 20-30 gramos de ácidos biliares no [[intestino]] cada día. Aproximadamente o 90% dos ácidos biliares excretados reabsórbense por [[transporte activo]] no [[íleo]] e outra pequena porción no [[colon]], e son reciclados ao entraren na [[circulación enterohepática]], que devolve os sales biliares intestinais por vía sanguínea ao fígado. Isto permite que haxa unha taxa de síntese moderada á vez que se mantén unha taxa de secreción ao [[aparato dixestivo]] alta.<ref name=Hofmann/>
Liña 56:
Para a síntese dos ácidos biliares completos requírense 17 [[encima]]s do [[citosol]], [[retículo endoplasmático]], [[mitocondria]]s e [[peroxisoma]]s. <ref name=Sam/>
 
En moitas especies o paso inicial para a formación de ácidos biliares é a adición dun grupo hidroxilo adicional en posición 7-alfa. A seguinte reacción consiste en alterar a unión entre os aneis A e B, facendo que a molécula se dobre (no colesterol o conxunto de aneis era plano), e, nese proceso, o grupo 3-hidroxilo pasa a ter orientación alfa (no colesterol era beta). Así o esqueleto esteroide básico dun ácido biliar (de 24 carbonos) empeza tendo dous grupos hidroxilo nas posicións e orientacións 3-alfa e 7-alfa. Este composto é o [[ácido quenodesoxicólico]] (ou ácido 3-alfa,7-alfa-dihidroxi-5-beta-colan-24-oico). O nome deste composto indica as súas características. Como este composto foi illado primeiramente nos [[ganso]]s leva o prefixo "queno" (do grego χήν, ganso) <ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Carey MC |title=Editorial: Cheno and urso: what the goose and the bear have in common |journal=N. Engl. J. Med. |volume=293 |issue=24 |pages=1255–7 |year=1975 |month=December |pmid=1186807 |doi= 10.1056/NEJM197512112932412|url=}}</ref>. Tamén leva no seu nome "desoxi" porque ten un OH menos ca o [[ácido cólico]] que xa se coñecía con anterioridade. A parte "5-beta" do seu nome denota a orientación dos aneis A e B, que están dobrados. O termo "colan" denota unha determinada estrutura esteroide de 24 carbonos. Finalmente, a parte final ácido... "24-oico" indica que ten o grupo [[carboxilo]] no carbono 24, no final da cadea lateral. Moitas especies producen ácido quenodesoxicólico, que é un ácido biliar bastante funcional. Os ácidos biliares sintetizados no fígado, como o quenodesoxicólico (e o cólico), denomínanse "primarios".
 
Nos humanos o primeiro que ocorre é que o colesterol se debe converter en 7-alfa-hidroxicolesterol, e isto pode facerse por dúas vías, a vía clásica e a ácida. Na vía clásica, o colesterol é convertido en 7-alfa-hidroxicolesterol no [[retículo endoplasmático]] polo encima colesterol 7-alfa-hidrolase (CYP7A1), un membro da familia do citocromo P450, reacción que é o paso limitante da [[ruta metabólica|ruta]]. Na outra vía, actúan o encima mitocondrial esterol 27-hidroxilase (CYP27A1) e despois o encima CYP7B1, que orixinan igualmente o 7-alfa hidroxicolesterol, pero por esta vía alternativa só vai o 5% das moléculas. <ref>G Salen, S Shefer. Bile Acid Synthesis. Annual Review of Physiology. Vol. 45: 679-685 (Volume publication date March 1983). DOI: 10.1146/annurev.ph.45.030183.003335.
Liña 74:
 
== Regulación ==
Como [[surfactante]]s ou [[deterxente]]s os ácidos biliares son potencialmente tóxicos para as células, polo que as súas concentracións están estreitamente reguladas. Funcionan como [[molécula de sinalización|moléculas de sinalización]] no fígado e nos intestinos ao activaren un receptor hormonal nuclear, o [[receptor X farnesoide|FXR]], tamén coñecido polo nome do seu xene, o [[NR1H4]]. A acitvación do FXR no fígado inhibe a síntese de ácidos biliares, e é un mecanismo de control por [[retroalimentación]] cando os niveis de ácidos biliares son demasiado altos. A activación do FXR polos ácidos biliares durante a súa absorción no intestino incrementa a [[transcrición xenética|transcrición]] e a síntese de [[FGF19]], o cal despois inhibirá a [[síntese de ácidos graxos]] no fígado. <ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Kim|first=I|coauthors=Ahn, SH, Inagaki, T, Choi, M, Ito, S, Guo, GL, Kliewer, SA, Gonzalez, FJ|title=Differential regulation of bile acid homeostasis by the farnesoid X receptor in liver and intestine|journal=Journal of lipid research|year=2007|volume=48|issue=12|pages=2664–72|pmid=17720959|doi=10.1194/jlr.M700330-JLR200}}</ref> Diversas evidencias asocian a activación do FXR con alteracións no [[metabolismo]] dos [[triglicérido]]s, e da [[glicosa]], e co crecemento do fígado. <ref> Ke Ma, Pradip K. Saha, Lawrence Chan, and David D. Moore. Farnesoid X receptor is essential for normal glucose homeostasis. J Clin Invest. 2006 April 3; 116(4): 1102–1109. Published online 2006 March 23. doi: 10.1172/JCI25604PMCID: PMC1409738. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1409738/]</ref>
 
== Importancia clínica ==
Como os ácidos biliares se producen a partir do colesterol endóxeno, a circulación enterohepática de ácidos biliares pode quedar interrompida ao diminuír a cantidade de colesterol. Existen [[secuestrante de ácidos biliares|secuestrantes de ácidos biliares]], que se unen aos ácidos biliares no intestino e impiden a súa reabsorción. Ao faceren isto, desvíase máis colesterol endóxeno á produción de ácidos biliares, o que é un modo de baixar os niveis de colesterol. Os ácidos biliares secuestrados así son despois excretados polas feces. <ref>M Ast, WH Frishman. Bile acid sequestrants. Journal of Clinical Pharmacology. [http://jcp.sagepub.com/content/30/2/99.short]</ref>
 
Utilízanse probas para medir o nivel de ácidos biliares tanto en [[medicina]] coma en [[veterinaria]], xa que axudan a diagnosticar diversas condicións, como [[colestase]] (detención do fluxo biliar cara ao duodeno), [[derivación portosistémica]] (en cans e gatos), e [[displasia microvascular hepática]] (en cans e gatos). Un exceso na concentración de ácidos biliares no [[colon]] causa [[diarrea crónica]]. Esta condición é unha [[mala absorción dos ácidos biliares]] que pode diagnosticarse coa proba [[SeHCAT]] (do ácido 23-seleno-25-homo-tauro-cólico) e tratarse con secuestrantes de ácidos biliares <ref>{{citeCita journalpublicación periódica|last=Pattni|first=S|coauthors=Walters, JR|title=Recent advances in the understanding of bile acid malabsorption|journal=British medical bulletin|year=2009|volume=92|pages=79–93|pmid=19900947|doi=10.1093/bmb/ldp032}}</ref>.
 
O papel da "bile negra" na carcinoxénese foi xa suxerida por [[Hipócrates]]. Hoxe está ben documentado que os ácidos biliares son carcinóxenos e promotores de tumores en modelos experimentais. O seu papel carcinoxénico está mellor documentado en doenzas como o [[esófago de Barrett]] e o adenocarcinoma da unión gastroesofáxica. <ref>Gong L, Debruyne PR, Witek M, Nielsen K, Snook A, Lin JE, Bombonati A, Palazzo J, Schulz S, Waldman SA (2009). "Bile acids initiate lineage-addicted gastroesophageal tumorigenesis by suppressing the EGF receptor-AKT axis". Clin Transl Sci. 2 (4): 286–93. doi:10.1111/j.1752-8062.2009.00131.x. PMID 20443907.