Da terra asoballada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
{{en uso}}
{{Título en cursiva}}
'''''Da terra asoballada''''' é un libro de poemas de [[Ramón Cabanillas]] publicado por primeira vez como volume independente en [[1917]]. O mesmo título adianta a intención da obra, un conxunto de textos líricos contra a [[colonización]] de Galicia que reivindican o substrato humilde da poboación campesiña -no contexto redencionista<ref name=":1">{{Cita libro|título = Historia da literatura galega contemporánea|apelidos = Carballo Calero|nome = Ricardo|editorial = Galaxia|ano = 1975|ISBN = 84-7154-227-7|edición = 2ª|páxina = 581}}</ref> do [[agrarismo]]- a carón das grandes figuras da Historia nacional, cantadas ás veces desde un ton [[elexía|elexíaco]].
 
== Descrición e temática ==
Liña 7:
Cómpre, non obstante, afincar ben que na literatura galega non hai modernismo: esa pranta latinoamericana non arraíza na nación galega. Outro cantar sería o do influxo modernista na poesía galega: este si existe, é apalpable, pero aparece canda outras inducións paralelas ao modernismo (...): prerrafaelismo, saudosismo, simbolismo.
Os modernistas de Galicia escriben en castelán, agás algunha ocasional escapada ao galego de ANTONIO REY SOTO (...)
Sobre o debatido "modernismo" de CABANILLAS cómpre decir que o arrecadamento, desde o inicio da súa obra, de tics estilísticos de raizame modernista non pasa dun circunstanciado culto á moda (...) CABANILLAS non tiña por que beber no modernismo... o seu coñecemento das escolas idealistas de Europa.}}</ref>. O tema xeral da obra é o compromiso agrarísta e patriótico. Proclama a hostilidade ao [[caciquismo]] e aos restos feudais na sociedade rural galega, abalando entre as circias consignas e a actitude didáctica, sempre baixo a ética do chamamento á nación. Cabanillas traslada enEn '''''Da terra asoballada''''' Cabanillas traslada ao formato lírico os sinais historicistas que se constituirán, desde [[Manuel Murguía|Murguía]] ata o grupo [[Grupo Nós|Nós]], en alicerce do [[galeguismo]]: [[celtismo]] filoirlandés, [[lusitanismo]] ao modo pondaliano ou resistencia do Reino medieval fronte á asimilación por parte de Castela. É Cabanillas cando escribe esta obra, coma os seus futuros compañeiros da xeración Nós, un poeta para o que a idea de redención, o catolicismo rural e a identidade galega conforman unha rede significativa que fundamenta a rebelión presente e futura; a oposición labrego/fidalgo dos primeiros textos agraristas transfórmase agora<ref name=":0" /> en dialéctica entre Galicia (suxeito colectivo natural/ aldea traballadora) e a opresora Castela/ España (administración artificial/ vila burocrática<ref name=":1" />).
 
== Edicións ==
Apareceu por primeira vez en [[1915]] como unha das seccións nas que estaba dividido ''Vento Mareiro'', publicado na Habana. Despois editouse por separado en 1917 en [[Vilagarcía de Arousa]]. Esta nova publicación contén dezanove poemas, dos cales, cinco xa se atopan recollidos en ''Vento Mareiro''. A obra editada pola [[Editorial Lar]] en 1926 é a segunda edición deste libro na que desapareceron varios poemas con respecto á anterior. As dúas comparten a mesma intención temática e con todo, son diferentes resultando máis combativa a primeira delas.
 
== Notas ==
.
 
==Notas==
{{Listaref}}