Luís de Camões: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33:
En [[1556]] parte cara [[Macau]], onde continuou cos seus escritos. Vive nunha célebre gruta co seu nome e por aí terá escrito boa parte d´''Os Lusíadas''. Naufragou na foz do [[río Mekong]], onde conservou de forma heroica o manuscrito dos Lusíadas entón xa adiantados (''cf''. Lus., X, 128). No naufraxio tería morrido a súa compañeira chinesa Dinamene, celebrada en serie de sonetos. É posíbel que daten igualmente desa época ou teñan nacido desa dolorosa experiencia as redondillas 'Sôbolos ríos''.
 
Regresa a Goa antes de setembro de [[1560]] e pide a protección do Vicerrei D. [[Constantino de Bragança]] nun longo poema en oitavas. Aprisionado por débedas, dirixe súplicas en verso ao novo Vicerrei, D. [[Francisco Coutinho]], [[Conde dode [[Redondo]], para ser liberto. En [[1568]], vén para a [[Illa de Mozambique]], onde, pasados dous anos, [[Diogo do Couto]] encontrouno, como relata na súa obra, engadindo que o poeta estaba "tan pobre que vivía de amigos". (Década 8.ª da Asia). Traballaba entón na revisión d´''Os Lusíadas'' e na composición de "un Parnaso de Luís de Camões", con poesía, filosofía e outras ciencias", obra roubada. [[Diogo do Couto]] pagoulle o resto da viaxe até Lisboa, onde Camões aportou en [[1570]]. En [[1580]], de regreso a Lisboa, asistiu á partida do exército portugués para o norte de África, morre nunha casa de Santana, en Lisboa, sendo soterrado nunha campa rasa nunha das igrexas das proximidades.
 
== Os Lusíadas e a obra lírica ==