Manuel García Filgueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info e referencias
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Era o líder da Sociedade Agraria de Mourente e o presidente da Federación Obreira Local de Pontevedra. Foi concelleiro socialista en Pontevedra nas eleccións de [[1913]] e volveu ser concelleiro en [[1920]]. Foi membro do primeiro Comité Rexional do [[PCE]] (1923). Na [[Segunda República Española|República]] foi concelleiro en Pontevedra ata a súa detención e destitución polos [[Folga xeral revolucionaria de 1934|sucesos de outubro de 1934]] e colaborou en ''[[¡¡Revolución!!]]''. Despois do triunfo da [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]] foi elixido primeiro tenente alcalde e despois alcalde en substitución de [[Bibiano Fernández Osorio-Tafal]]l que marcharía a Madrid como Subsecretaría de Gobernación.
 
Durante a [[Guerra Civil Española|Guerra civil]] estivo agochado no monte con [[Rogelio González Suárez]] e o [[20 de xullo]] de [[1949]] presentouse ás autoridades<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1949/07/21/016.html Se presenta a la autoridad el que fue jefe comunista de Pontevedra] Noticia en [[ABC (xornal)|ABC]] 21-7-1949, p. 16.</ref>. Foi xulgado o [[29 de outubro]] de 1949 acusado de auxilio á rebelión e sentenciado a 12 anos de reclusión menor. En novembro reducíronlle a pena a 2 anos de prisión menor e finalmente foi indultado. Non tivo moita actividade política posteriormente e sufriu un estraño atropelo do que quedou coxo.