Miguel Pselo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Castelao (conversa | contribucións)
m "Constrinxir" ou "forzar" (galego) por "apremiar" (castelán)
Liña 48:
Mentres tanto o sultán turco [[Alp Arslán]] liberara a Dióxenes, que non estaba disposto a ceder o seu poder ao seu fillastro. O conflito estaba servido. Pselo describe na súa ''Cronografía'' cal foi a súa reacción no medio desta confusión:
 
{{cita|''Eu encontreime tamén no medio daquel desconcerto xeral, cando todos me instaban a que dixese o que conviña facer. Tendo en conta que sobre todo o meu nobre e querido emperador me apremabaconstrinxía e presionaba, eu declarei que non debía acoller xa máis a Romano no imperio, senón que había que desfacerse del e enviar a todas partes ordes excluíndoo do goberno.''}}
 
Efectivamente, tropas enviadas desde Constantinopla derrotaron a Romano Dióxenes e, a pesar das garantías de seguridade que lle deron cando acabou rendéndose, sacáronlle os ollos. Romano morreu pouco despois a resultas das feridas: un final tráxico para un nobre xeneral e un dos capítulos máis infames da historia bizantina. Pselo foi aínda quen de lle dedicar un panexírico no que declara non saber se lamentar ou envexar o destino de Romano. Aínda que resulta difícil crer que a compaixón de Pselo cara a Romano Dióxenes fose sincera, sendo el mesmo responsábel do seu final, é posíbel que tivese remorsos e non pensase que o enfrontamento entre Dióxenes e Miguel Ducas desembocase nunha pequena guerra civil e moito menos que acabase con Romano cegado polos sicarios imperiais.