Fall Out Boy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
corrixo mentras por mentres ou namentres
Liña 21:
En febreiro de 2007 lanzaron o seu seguinte álbum, ''[[Infinity On High]]'', e conseguiron unha mellor posición nas listas, chegando ao número 1 na ''Billboard 200'' ao vender máis de 260.000 copias na súa primeira semana. O sinxelo principal, "[[This Ain't a Secene, It's an Arms Race]]", alcanzou o número 1 na ''Pop 100'' e o 2 na ''Billboard Hot 100''. Para promocionar o álbum, a banda tocou no concerto Live Earth, o [[7 de xullo]] de [[2007]] e en outros tours coma o Honda Civil Tour e os MTV Video Music Awards o 9 de setembro do mesmo ano. No 2008, Fall Out Boy lanzou ''[[Folie à Deux]]''.
 
En 2009 anunciaron un descanso de tempo indefinido, asegurando que non romperan definitivamente senón que necesitaban un descanso e embarcarse en proxectos a parte da banda. Stump lanzou un disco en solitario en 2011 chamado "Soul Punk", mentrasmentres que Hurley e Trohman formaron The Damned Things e despois marcháronse a With Knives e Enabler, respectivamente. Fall Out Boy quedou no posto 93 no ranking dos Mellores Artistas do 2000-10 da revista Billboard.
 
O 4 de Febreiro de 2013, Fall Out Boy anunciou a súa volta con un novo álbum, Save Rock and Roll, así como un tour e un novo single.
Liña 28:
'''Primeiros anos (2001-2002)'''
 
Fall Out Boy formouse no ano 2001 polos amigos Pete Wentz e Joe Trohman, que xa tocaran anteriormente an varias bandas de hardcore punk en Chicago. Inspirándose en bandas que escoitaran mentrasnamentres creceran como Green Day, Descendents e The Smiths, a parella decidiu formar a súa propia banda [3]. Trohman coñeceu no instituto a Patrick Stump nunha tenda de libros.[4] Stump presentouse a Trohman cando lle escoitou falar sobre a banda Neurosis, na cal ambos estaban interesados.[4] Stump fixo unha audición como batería, pero cando descubriron o seu impresionante rango vocal decidiron que fose o vocalista principal.[5] Ben Rose foi o primeiro batería da banda, aínda que se marchou pronto. Finalmente Andy Hurley convertiuse no actual batería.
 
A banda non tivo nome durante os seus dous primeiros shows. Decidiron que a audiencia era a que debía decidir e no final do seu segundo show, pedíronlle á audiencia que gritasen ideas para o nome. Un membro da audiencia suxeriu o nome de "Fallout Boy",[4][6] unha referencia ó compañeiro de Radioactivo Man dos Simpsons.[3][7]