Altar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ ligazón a homónimos
Sen resumo de edición
Liña 34:
*os ''portátiles'' ou movibles, a modo de trípode ou de mesa.
*os ''fixos'' e illados, que se compoñen dunha lápida sobre un pé dereito no medio dun cubículum.
*os ''adosadosacaroados'' a modo de [[sarcófago]] aplicado a un muro.
*os ''arcosolios'' ou sepulcros de mártires insignes cuxa tapa servía de mesa, baixo un arco ou bovedilla nun nicho decorado.
 
Desde a paz constantiniana, construíronse altares de maiores dimensións que os movibles e adosadosacaroados, dándolles a forma de mesa rectangular sostida por unha columna central ou por catro nos extremos e colocándoos no medio da [[ábsida]] ou presbiterio das [[basílica]]s, sempre sobre algún sepulcro de mártir, ata que no [[século VII]] empezou a encerrarse neles só algunhas [[reliquia]]s de diferentes mártires, como hoxe é costume. Con algunha frecuencia aproveitábanse as mesmas aras que pertenceron aos xentís, poñéndoas como sostén dos altares cristiáns, segundo o demostran algúns exemplares que hoxe existen.
 
Durante a [[Idade Media]] seguiu o altar coas mesmas formas descritas, xa sexa prismática, xa imitando un sepulcro xa de mesa cunha ou máis columniñas e case sempre labrados en pedra, polo menos, desde o [[século IV]]. Desde o seguinte, fixéronse raras as [[cripta]]s debaixo do altar e entón colocábanse reliquias nunha pequena cavidade aberta no soporte central da mesa ou nesta mesma, envolvéndoas antes nun lenzo fino e encerrándoas nunha botelliña de vidro ou caixa de madeira, selada polo [[bispo]] consagrante do altar.