Rexurdimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 83.165.109.208 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Liña 1:
'''Rexurdimento''' é o nome co que se coñece o [[século XIX]] (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galicia[[Galiza]] e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en [[1863]] de [[Cantares Gallegos]], obra escrita integramente en galego por [[Rosalía de Castro]], inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a [[Eduardo Pondal]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e mais [[Manuel Curros Enríquez]] como os principais escritores en galego desta época.
 
Na primeira metade do [[século XIX]], Galiza foi escenario dunha serie de acontecementos que esbozaron unha nova situación político-cultural que preparou o camiño para o chamado Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos [[Precursores]].