Rudolf Steiner: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Liña 112:
Steiner enfocou as cuestions filosóficas do coñecemento e liberdade en duas etapas. A primeira foi a súa disertación, publicada de maneira expandida en 1892 como ''Verdade e ciencia''. Aquí, Steiner suxire que hai unha incoherencia entre a filosofía de [[Kant]], que postulou que a verdade esencial do mundo era inaccesíbel á conciencia humana, e a ciencia moderna, que asume que todas as influencias poden encontrarse no que Steiner chamou o mundo ''sinnlichen und geistlichen'' (sensorio e mental/espiritual), ao que temos acceso. Steiner chamoulle á ''Jenseits-Philosophie'' (filosofía dun alén inaccesíbel) de Kant un obstáculo para alcanzar un punto de vista filosófico satisfactorio.<ref>Anthony Storr, Feet of Clay, Free Press-Simon and Schuster, 1996. Storr cita a Steiner p72, «Mais, se miramos a suma de todas as percepcions como unha parte e a contrastamos cunha segunda parte (concretamente as cousas-en si), enton estamos filosofando no ceo. Estamos meramente xogando con conceptos».</ref>
 
Steiner postula que o mundo é esencialmente unha unidade indivisíbelindivisible, pero que a nosa consciencia o divide en aparencia perceptíbel polos sentidos, por un lado, e natureza formal accesíbel ao noso pensamento, por outro. Ve no propio pensamento un elemento que pode ser reforzado e profundizado suficientemente para penetrar todo o que os nosos sentidos non nos revelan. Steiner nega así explicitamente toda xustificación dunha división entre [[Fe (relixión)|fe]] e coñecemento; dito doutra maneira, entre os mundos espiritual e natural. A súa aparente dualidade é condicionada pola estrutura da nosa consciencia, que separa a percepción e o pensamento, pero estas duas facultades dan duas visions complementarias do mesmo mundo; ningunha ten primacía e as duas xuntas son necesarias e suficientes para chegar a unha completa comprensión do mundo. Pensando ao percibir (o camiño das ciencias naturais) e percibindo o proceso do pensar (o vieiro do adestrametno espiritual), é posíbel descubrir unha unidade interna escondida entre os dous polos da nosa experiencia.<ref name=ref_duplicada_12>Capítulo 4</ref>
A verdade, para Steiner, é paradoxalmente tanto un descubrimento obxectivo, como: