Lipotes vexillifer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Liña 71:
[[Ficheiro:Baiji conservation efforts map.png|miniatura|400px|Mapa dos lugares onde se centraron os esforzos para a conservación de ''Lipotes vexillifer''.]]
 
A primeira organización de protección de especies acuáticas chinesas, a Fundación de Conservación de [[Wuhan]] ''Golfiño baiji'', fundouse en decembro de [[1996]]. Recadou 1. 383. 924,35 [[Renminbi|iuans]] (ao redor de 100.000 [[Dólar estadounidense|dólares]]) e usou eses fondos para a preservación de células ''[[in vitro]]'' e para manter as instalacións do ''golfiño de río chinés'', incluíndo o ''santuario de Shishou'', que foi inundado en [[1998]].
 
Douglas Adams e Mark Carwardine documentaron os seus encontros cos animais en perigo nas súas viaxes de conservación para o programa da [[BBC]] "A última oportunidade para ver" (''Last Chance to See''). O libro do mesmo nome, publicado en [[1990]], incluíu fotos dun exemplar en catividade, un macho chamado ''Qi Qi'', que viviu no [[delfinario]] do Instituto Wuhan de Hidrobioloxía desde [[1980]] até o [[14 de xullo]] de [[2002]]. Este golfiño, descuberto por un pescador no lago [[Dongting]], converteuse no único residente do ''delfinario de Baiji'', ao lado do lago do Leste. Outro delfín capturado faleceu despois de un ano (de 1996 a 1997), na [[Reserva Seminatural de Shishou Tian-e-Zhou]], que contiña soamente toniñas da especie ''[[Neophocaena phocaenoides]]'' desde 1990. Outro golfiño, unha femia achada na [[illa de Chongming]] cerca de [[Shangai]] en [[1998]], faleceu de fame despois de un mes, xa que non aceptou a comida que se lle daba.