Lingua belarusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 30:
* '''Fase antiga''': durante os séculos XII e XIII existía na Bielorrusia unha lingua escrita, a eslava eclesiástica, utilizada nos centros culturais tales como Polach e Turau. Sen dúbida, unha antiga forma de bielorruso usouse como lingua oficial polo goberno entre os séculos XIV e XVI no Gran Ducado da Lituania, que incluía a actual Bielorrusia, a Lituania e a Ucraína. Durante este período normativizáronse as regras gramaticais do antigo bielorruso, a pesar da tendencia a preservar as formas tradicionais do eslavo eclesiástico.
 
* '''Fase media''': é a fase de esplendor, onde o bielorruso alcanza o seu apoxeo no [[século XVI]], coa introdución do [[alfabeto latino]], coñecido como [[Lacinka]], cando foi utilizado por [[Franciszak Skaryna]] (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da [[Biblia]] (publicada en [[Praga]] e [[Vilna]] en bielorruso). Foi esta forma de bielorruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do [[Gran Ducado da Lituania]] (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do [[lingua polonesa|polonés]] tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da [[Unión de Lublin]] en [[1569]]. En [[1696]], o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O bielorruso practicamente desapareceu da literatura.
 
* '''Fase de decadencia''': ata o final do [[século XVI]], despois da [[Unión de Brest]] ([[1596]]), comeza un declive gradual do uso do bielorruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do [[século XVII]], ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o [[século XVIII]] o bielorruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana ([[1792]]-[[1795]]) a Bielorrusia pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da [[Rusia]] e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do bielorruso nas escolas , como tamén textos en bielorruso en calquera xornal, o que non se anulou ata [[1905]]. No comezo do [[século XX]] o bielorruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de [[1914]], establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
 
* '''Fase de rexurdimento''': a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no [[século XIX]]. Todo o territorio bielorruso pasou a formar parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recén adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era ''rusa'' ou ''polonesa''. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o bielorruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en [[Moscova]], favorecendo estes a difusión do ruso por toda a [[Unión Soviética]], de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Bielorrusia.
 
== Datos estatísticos ==
Cerca de 3/4 da poboación da Bielorrusia (10. 350. 000 hab. en [[2002]]) consideran o bielorruso a súa lingua nativa. Hai unha minoría considerábel (cerca de 230.000 hab) na rexión de [[Białystok]], no leste da [[Polonia]] que ten como primeira lingua o bielorruso.
 
É tamén falado por emigrantes no [[Canadá]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e países da antiga [[Unión Soviética]]
 
== Dialectos ==
Liña 61:
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{InterWiki|code=be}}
{{InterWiki|code=be-x-old}}