Lockheed Constellation: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 28:
O Super Constellation tiña unha fuselaxe máis longa e o seu prototipo (o mesmo prototipo do C-69 transformado) realizou o seu primeiro vóo o [[13 de outubro]] de [[1950]]. Entrou en servizo en [[1951]] coa aeroliña Easter Airlines. Desta variante tamén foron surxindo novas versións entre as que destacaron a L-1049G ''Super G'' con novos motores e tanques de combustible nas puntas das ás; a L-1049H que podía facer a función de cargueiro ou transporte de pasaxeiros cunha capacidade de ata 109 prazas; e o último desenvolvemento do Constellation, o L-1649A Starliner, que foi posto en vóo en [[1956]] e tiña un novo deseño das ás, unha maior lonxitude e máis capacidade de combustible, o que lle permitía facer vóos trasatlánticos sen escalas.
 
O Constellation tivo tamén varias versións militares. Á parte do C-69 inicial a Forza Aérea dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] pedíu en [[1948]] dez L-749 aos que chamou C-121A e VC-121B. Os pedidos posterires, que tamén foron denomnados C-121, foron todos Super Constellation normais. A Armada dese país tivo tamén Super Constellation, que foron usados como transportes (algúns deles fixeron tamén tarefas meteorolóxicas) e como alerta tempranatemperá aerotransportada, estes últimos bautizados como Warning Star.
 
== Especificacións ==