Identificación biométrica da sinatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado categoría
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 1:
{{Atención|data=xuño de 2009|}}
== Proceso ==
A persoa recoñécese á través da forma en que asina, máis que polas características da súa sinatura<ref>[http://www.bio-tech-inc.com/bio.htm#Signature]</ref>. A mostra biométrica obtense a partir de datos como a lonxitude e dirección da sinatura, ou a velocidade e presión exercida polo bolígrafo.
 
A dificultade tecnolóxica do recoñecemento a través da sinatura estriba en saber diferenciar os trazos que nunca cambian, e os que si o fan en cada sinatura. O sistema tamén ten que ter en conta os cambios na forma de asinar co paso do tempo, e ten que adaptarse a eses cambios, actualizando permanentemente o padrón que identifica o usuario.
 
== Fiabilidade ==
A identificación a través da forma de asinar é un dos métodos de identificación biométrica menos precisos.
 
Segundo un estudo<ref>[http://www.bio-tech-inc.com/bio.htm#Bio_Accuracy Estudo do Bio Tech Inc]</ref> publicado no [[2002]] por Biometric Technology, a taxa de erro cruzado<ref>A taxa de erro cruzado (Cross-Over Error Rate CER) é a probabilidade de erro dun sistema cando coincide a probabilidade de falsos negativos e falsos positivos</ref>, é igual a 1/50. Esta é unha posibilidade de erro moi alta, se a comparamos coa probabilidade de 1/131.000 do escaneo de iris, ou menor de 1/10.&nbsp;000.&nbsp;000 do escaneo de retina.
 
== Aceptación ==
A aceptación destas tecnoloxías é moi alta, pois a sinatura foi o principal método de identificación durante os últimos séculos.
 
== Custo ==
A identificación a través da sinatura foi o primeiro sistema biométrico en baixar dos 1000 $. Foi en [[1987]]. Hoxe poden atoparse sistemas por menos de 100 €.
 
== Exemplos de uso ==
* En oficinas do servizo de desemprego de [[Inglaterra]] emprégase o recoñecemento da sinatura para validar a identidade do beneficiario da prestación de desemprego.
* A prisión de Pentonville en Inglaterra emprega a identificación por sinatura para evitar que os presos recollan a comida de outros presos no seu nome.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://et.wcu.edu/aidc/BioWebPages/Biometrics_Signature.html Kimmel School of Construction Management, Engineering and Technology]
* [http://www.bio-tech-inc.com Biometric Technology, Inc.]
 
[[Categoría:Biometría]]