Xenómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
Os estudos xenómicos caracterízanse pola súa interdisciplinariedade, debido a que o gran número de datos xerados nun estudo deste tipo require combinar tanto coñecementos biolóxicos coma estatísticos e informáticos.
 
Por outra parte, os estudos en xenómica utilizan unha estratexia [[Top-down]] para analizar preguntas en bioloxía. Con este enfoque, primeiro obsérvase o comportamento global de moitos xenes ou biomoléculas nun organismo ([[ARN mensaxeiro]], [[proteína]]s, [[metabolito]]s etc.) e chégase finalmente a conclusións máis particulares que concernen só a algunhas biomoléculas. Deste xeito, a aplicación das ciencias xenómicas permite abordar preguntas de gran importancia en bioloxía que requiren unha comprensión global do problema. Por exemplo, para o estudo de distintas doenzas xenéticas complexas cómpre dispoñer dunha lista completa dos xenes participantes e logo estudar as súas interaccións. Para entendermos a evolución dos xenomas tamén hai que dispoñer de secuencias completas para que se poidapoidan así inferir os distintos eventos que puideron dar lugar ao estado actual do xenoma.
 
Para abordar distintos problemas biolóxicos as ciencias xenómicas subidivídense en distintas áreas de coñecemento, por exemplo a [[Xenómicaxenómica funcional]], a [[Xenómicaxenómica estrutural]] e a [[Xenómicaxenómica comparativa]].
 
== Áreas de investigación ==