Sufraxio universal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo presionar por premer
Liña 9:
No pasado numerosas sociedades negaron o [[dereito a votar]] baseándose tamén en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do [[apartheid]] non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en [[Sudáfrica]]. Igualmente acontecía na época de pre-dereitos civís nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] onde, aínda que os [[afroamericano]]s tiñan tecnicamente dereito a votar, negábaselles o seu exercicio mediante intimidacións e outros medios. O [[Ku Klux Klan]] formado trala [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil estadounidense]] foi unha das organizacións que destacou neste cometido.
 
Moitos sistemas de sufraxio universal exclúen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade extranxiera, cidadáns convitos e [[enfermo mental|enfermos mentais]]. No derradeiro caso arguméntase que se trata de persoas que non teñen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las súas accións, os cales poderían ser presionadospremidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convitos, arguméntase que parte do castigo (reclusión ou privación de liberdade) inclúe a restrición dos dereitos cidadáns como o sufraxio. No caso dos extranxieros, a calidade de votante atópase ligada á posesión da [[cidadanía]] no Estado onde se reside. Porén, as lexislacións e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccións locais e/ou nacionais) previa residencia por un período de tempo.
 
Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privación do dereito ao voto imposto en determinados países (por exemplo, na [[Francia]] da III república) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presión dos oficiais sobre os soldados, que deformaría o voto (tales feitos non eran extraños durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas repúblicas sudamericanas actuais). Trátase, por outra parte, de evita-la intrusión da política no exército, como perxudicial para a disciplina militar.