Montes Cárpatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Liña 12:
== Xeografía ==
 
Comezan no [[Danubio]] preto de [[Bratislava]], contornan a [[Hungría]] e a [[Transilvania]] nun largo semicírculo cuxa concavidade está dirixida ao suroeste, e terminan no Danubio, pertopreto de [[Orsova|Orşova]], na [[Romenia]]. O comprimento total dos Cárpatos é de máis de 1500 km e a súa largura varía entre 12 e 500 km. A maior largura dos Cárpatos coincide coa súa maior altitude. Así, a cadea atinxe súa largura máxima no planalto da Transilvania e no sector das montañas [[Tatra (montañas)|Tatra]] (maior altitude: monte [[Xerlachovsky]] - 2655 m por riba do nivel do mar, en territorio eslovaco). Os Cárpatos cobren unha área de 190.000 km², formando a máis longa cordilleira [[Europa|europea]] despois dos [[Alpes]].
 
Os Cárpatos non forman unha cadea ininterrompida de montañas, mais son compostos de diversos grupos distintos tanto [[Orografía|orograficamente]] como [[Xeoloxía|xeoloxicamente]]; na verdade, presentan tanta variedade canto os Alpes. Os Cárpatos, que raramente atinxe máis do que 2500 m, non presentan campos con neve, nin grandes glaciares, nin cataratas nin os [[lago]]s que se poden atopar nos Alpes. Non posúen neves eternas en ningún punto, e non hai presenza de glaciares. Así, mesmo nos seus puntos máis elevados, lembran a rexión mediana dos Alpes, cos cales, non obstantes, teñen diversos puntos en común, como a aparencia, estrutura e [[flora]].