Rías de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
correcións
Sen resumo de edición
Liña 16:
A costa [[Atlántico|atlántica]] e [[Cantábrico|cantábrica]] da península presentan unha morfoloxía que nacería coa rotura das [[Placa tectónica|placas tectónicas]] o comezo do [[Cenozoico]] e que daría froito a aparición das [[ría]]s. Coa rotura de [[Panxea]] no [[Cenozoico]] aparece o [[Océano Atlántico]]. Ese novo océano xorde dunha unha tripla rotura do continente, que dou comezo á separación da [[Península Ibérica|placa Ibérica]], a Europea e a Norte Americana. Así, a finais do [[Mesozoico]] a costa peninsular atlántica e cantábrica quedaron definidas [[xeomorfoloxía|xeomorfoloxicamente]] como na actualidade. Esa fragmentación fixo aparecer a costa ibérica, que se modelou durante o [[Paleoceno]] na forma que hoxe a vemos. Durante o Paleozeno, esa nova costa fragmentada foi modelada pola acción [[Corrente fluvial|fluvial]] de incisión, algo que sería máis marcado na cara atlántica da península que na [[Cantábrico|cantábrica]] <ref name="romani_2005">J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. GALICIA REGION: LANFORMS AND MORPHOLOGICAL EVOLUTION OF GRANITIC AREAS. SIXTH INTERNATIONAL CONFERENCE ON GEOMORPHOLOGY GALICIA REGION: LANDFORMS AND MORPHOLOGICAL EVOLUTION OF GRANITIC AREAS. Zaragoza, 2005.</ref>.
 
Desde o momento de rotura de placas, a costa cantábrica peninsular e a atlántica evolucionaron de diferente xeito. A marxe cantábrica actuou como unha [[Tectónica de placas|zona de choque]] ata o [[Eoceno]]. Pola contra, a zona atlántica foi, dende o primeiro momento de rotura de Panxea, unha rexión onde a costa se expandiu e contraeu de xeito pasivo continuo. Así, a [[litosfera]] arrefriouse progresivamente ao avanzar a veta de fractura atlántica. Iso permitiu a distensión desa parte da placa e o seu afundimento. Durante o [[Era Cenozoica|Terciario]], a parte oeste peninsular foise afundindo por acumulación de [[Sedimentación|sedimentos]] na súa [[plataforma continental]]. Iso provocou a aparición de bordes de placa pasivos no que se darían ascensos isostáticos de placa e unha acentuada [[erosión]] por fluxos fluviais. Esa erosión sería máis acentuada na parte atlántica da península mentres que máis suave na parte cantábrica. Este proceso de descensos de nivel de base de mar e adaptación da rede fluvial foi o que deu lugar á aparición das rías <ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000">JL. Pagés Valcarlos. Origen y Evolución Geomorfológica de las Rías Atlánticas de Galicia. Rev. Soc. Geología de España. 13()3-4), 2000.</ref>.
 
As rías non chegaron a estar cubertas polo mar ata aproximadamente o [[Neoxeno]]. Estímase que durante o [[Plistoceno]] o mar estaba a varios quilómetros da actual liña de costa. Durante o Plistoceno ese límite variaría, aumentando e reducíndose ata que chegou á altura de costa de hoxe en día. Durante o [[Paleozoico]], polas oscilacións [[Glaciación|glaciais]] e interglaciais, a erosión fluvial modelaría e faría máis acusada, a morfoloxía das zonas fluviais que acollen ás rías<ref name="romani_2005" />.
Liña 33:
 
==Véxase tamén==
{{Listaref}}
 
===Outros artigos===
* [[Rías Baixas]]